Hemeroteca web | RSS  RSS     Luns 26.06.2017 Actualizado 20:46
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

En Marea aposta por formar á poboación en evacuación e seguridade en caso de incendios forestais

SANTIAGO. EP  | 19.06.2017 
A- A+

O portavoz de En Marea, Luís Villares apostou este luns pola creación de plans de continxencia e evacuación en caso de incendios forestais e por formar á poboación nesta materia para evitar, na medida do posible, situacións como a ocorrida en Portugal.

Nunha rolda de prensa, Villares puxo en acento na "necesidade dunha acción preventiva" e de mellorar o coñecemento que a sociedade en xeral ten sobre como actuar en relación a un incendio forestal, incuso coa realización de simulacros.

O portavoz de En Marea mandou "unha mensaxe de solidariedade e de apoio" a Portugal, á vez que fixo fincapé na necesidade de "facer unha reflexión con toda a prudencia" sobre a situación e condicións similares de Galicia.

"Cando miramos para o país veciño, vemos que temos similitudes na forma de masa forestal, estrutura poboacional, rede de comunicación viaria...", dixo Villares, ao que sumou "a situación de abandono do rural, que provoca que o que antes eran espazos ordenados e aproveitados, convértanse en masa de combustible".

A ordenación de Galicia, "moi centrada nos monocultivos de eucalipto", crea un risco específico nos núcleos de poboación e nas vías de comunicación "debido á súa proximidade", dixo Villares, mentres que o deputado Antón Sánchez lembrou tamén a perda de terreos de labradío, que actuaban como "devasas naturais".

Entre outras cuestións, Villares lembrou a reforma levada a cabo en 2012 pola que se "reduciron" as zonas de seguridade das plantacións forestais a núcleos de poboación ou cámping, pasando dos 100 aos 50 metros.

Tras a situación vivida en Portugal, instou a "revisar" estes límites e "volver ás franxas de seguridade anteriores".

Para concluír, Villares ofreceu a "completa colaboración" de En Marea "á Xunta" tanto para "revisar a normativa para mellorar a prevención e a seguridade, como para apoiar todas as accións preventivas e de concienciación que a Xunta poña en marcha".

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS