Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 22.03.2019 Actualizado 12:48
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Marea Atlántica absterase de participar "activamente" na campaña no caso de que non haxa "unidade"

O alcalde da Coruña insiste en facer un chamamento a En Marea para que "se sume" á coalición na que avanzan Anova, EU e Podemos

SANTIAGO. EP  | 12.03.2019 
A- A+

Marea Atlántica absterase de participar "activamente" na campaña das eleccións xerais do próximo 28 de abril no caso de que non se produza a "unidade" de "todo" o espazo político.

Así o dixo o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, após facer un novo chamamento a En Marea para que "se some" á coalición na que avanzan Anova, Esquerda Unida e Podemos para os comicios.

Preguntado polas negociacións para conformar Galicia en Común, afirmou descoñecer a situación actual, xa que el non está a participar nelas. "Sei máis ou menos o mesmo que sabedes vós, que se está avanzando nesas negociacións para ter unha coalición entre os dous partidos", indicou aos xornalistas.

En declaracións aos medios de comunicación este martes nun acto na Coruña, insistiu en que, na súa opinión, "o máis positivo para todos" sería lograr "unha candidatura completa" de "todo" o espazo político.

LIBERDADE AOS MILITANTES
Cuestionado pola reunión que manterá Marea Atlántica pola tarde, sinalou que o posicionamento que se vai a levar "xa se testó nas reunións anteriores, que é chamamento á unidade".

"E en todo caso, se non se consegue, Marea Atlántica dará liberdade aos militantes para que adopten a posición que estimen máis procedente. E, nese caso, Marea Atlántica absteríase de participar activamente na campaña", expuxo.

Neste sentido, resolveu que iso será o que debaterán para "ver que pensa a xente", e que o posicionamento é o da coordinadora "porque iso era practicamente unánime".

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS