Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 18.10.2018 Actualizado 20:34
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

En Marea celebra a "presión política" para conseguir "tombar o veto" á transferencia da AP-9

A deputada de En Marea no Congreso Alexandra Fernández - FOTO: EP
A deputada de En Marea no Congreso Alexandra Fernández - FOTO: EP

SANTIAGO. EP  | 13.06.2018 
A- A+

En Marea celebrou a "presión política" para conseguir "tombar o veto" á transferencia a Galicia da titularidade da autoestrada AP-9 despois dos "pasos favorables" dados na Xunta de Portavoces do Congreso para que a proposición de lei siga a súa tramitación e poida ser debatida.

Nun comunicado remitido aos medios, a deputada Alexandra Fernández destacou que, "grazas aos recursos presentados" e á "presión" exercida para "tombar os reiterados vetos do anterior Goberno do PP" e o "bloqueo" por parte da Mesa do Congreso, "ábrese un "novo escenario" que permitirá o debate.

Así mesmo, explicou que, após os vetos do Executivo de Mariano Rajoy ás preposicións de lei do Parlamento de Galicia, En Marea presentou as súas propias iniciativas para axilizar o proceso. "Somos as únicas que trasladamos a posición que defende Galicia ás Cortes", sinalou.

En concreto, lembrou que a súa formación presentou o pasado 26 de xaneiro unha proposición de lei que foi "vetada" en marzo por Moncloa e "bloqueada" na Mesa da Cámara. "Sempre nos resistimos a este tipo de vetos antidemocráticos que non tiñan fundamento solvente nin serio, eran vetos puramente políticos", sinalou.

Segundo indicou, esa foi a "razón" pola que En Marea presentou un escrito de reconsideración ante a Mesa e que é o que este martes votou favorablemente a Xunta de Portavoces e que tivo só os votos en contra do Partido Popular. "Votan unha cousa en Galicia e, despois, nas Cortes fan a contraria", censura.

"Na nosa estratexia de insistencia e de non darnos por vencidas, volvemos rexistrar unha proposición de lei de transferencia da AP-9 o pasado 26 de abril", sinalou a parlamentaria, que explica que o martes tamén finalizaba o prazo para que o Goberno respondese a esta última iniciativa de En Marea.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS