Hemeroteca web | RSS  RSS     Luns 23.04.2018 Actualizado 13:56
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Pide que presente unha planificación

En Marea esixe que a Xunta "tome medidas dunha vez" fronte ao "colapso" de urxencias

VIGO. EP  | 11.01.2018 
A- A+

En Marea acusou á Xunta de ter "falta de preocupación pola sanidade pública", e esixiulle"que tome medidas dunha vez" fronte ao problema de "colapso" nos hospitais de Galicia, así como "que presente xa algún plan, non só de continxencia, senón de planificación".

En declaracións aos medios este xoves no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, o portavoz da formación, Luís Villares, mantivo que "a peor gripe que sofre --este-- país non é a dos pacientes que veñen aos hospitais, senón a gripe que sofre o Goberno de Alberto Núñez Feijóo".

Así, considerou que "non hai un problema de colapso das urxencias, senón que hai un colapso da sanidade pública", o que vinculou a "a falta de previsión, e por tanto, a un problema de incompetencia dun goberno que é incapaz de xestionar de forma racional e razoable os recursos".

"Non é un problema de urxencias, é un problema xeral da sanidade, un problema de desatención e de infradotación de medios, sobre todo persoais, da atención primaria", remarcou, engadindo que "esa insuficiencia é a que determina a falta de capacidade para que o servizo de urxencias atenda cousas que realmente son urxencias".

A vicepresidenta do Parlamento de Galicia e deputada de En Marea, Eva Solla, agregou que é "realmente terrible que, a pesar das advertencias, a Xunta non tomase ningunha medida para prever unha situación que se dá todos os invernos e que debería ter capacidade de xestionar". "Cremos que hai intencionalidade nesa deterioración da sanidade pública do noso país", reprobou.

Neste marco, recriminou a "ausencia de persoal suficiente en hospitalización e atención primaria, que fai que as urxencias se colapsen con mais facilidade", e ademais espetou que "é indecente que até hai uns días houbese camas pechadas", para poderían evitar que pacientes estivesen "nun corredor". Finalmente, trasladou o apoio de En Marea á manifestación do 4 de febreiro.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS