Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 21.20

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

ROMERÍAS multitudinarias

Marea humana no triángulo da fe milagreira: Amil, Muxía e Rianxo

13.09.2009  Na vila de Castelao, a Guadalupe congregou numerosas personalidades convidadas polo alcalde

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

DELEGACIÓNS . MORAÑA/RIANXO/MUXÍA

O Santuario da Virxe da Barca, en Muxía, ateigado de fieis como cada ano
O Santuario da Virxe da Barca, en Muxía, ateigado de fieis como cada ano

"Cando un lle pide un milagre á Santa todo o que poida facer por ela parece pouco". Os sacrificios de fe atopaban onte fácil explicación en boca dos centos de miles de fieis da área de Compostela que se daban cita en tres das romarías máis multitudinarias do ano: A Barca de Muxía, onde se congregaron unhas 100.000 persoas, segundo datos de Protección Civil; Os Milagros de Amil, con 40.000 devotoe e as honras á Virxe de Guadalupe de Rianxo, con 20.000 persoas.

No concello de Moraña, o santuario de Amil converteuse en berce de peticións relixiosas e agradecementos á Virxe milagreira, con xestos espirituais pero tamén materiais. E é que a fonte de auga que, según a lenda, a Virxe ofreceu a un desesperado arriero, dando orixe ó mito, converteuse agora nun manancial de fe. E de diñeiro. Máis de 6.000 euros luciu colgados do manto un ano máis a Virxe durante a procesión ao mediodía, unha cifra deasorbitada, que se queda sen embargo en nimiedade se se compara co montante recadado a través dos donativos dos fieis que durante todo o día ateigaron a contorna do templo.

Menos agradable resultou a festa para quen sufrieron a acción dos carteiristas que, aproveitando o tumulto, multiplicáronse este ano no que a presenza da Garda Civil era menor que en pasadas ocasións, segundo Protección Civil. O capítulo de incidencias completárono os comprensibles mareos provocados polo agobio da multitude e o sol de justicia que imperou durante a mañana e un conato de incendio no lateral da igrexa ó arder as velas ofrecidas á Virxe.

En Rianxo, a misa solemne en honra da Moreniña tivo lugar ao aire libre, xunto á capela, cantada pola Coral Polifónica do Liceo Marítimo Rianxeiro.

Entre outras autoridades, estaban os alcaldes de Rianxo, Pedro Piñeiro; Boiro, Xosé Deira; A Pobra, Isaac Maceiras; Ribeira, José Luis Torres, e Dodro, Arturo Díaz; o presidente de Portos, Manuel Álvarez-Campá, e o ex presidente da Xunta, Gerardo Fernández Albor.

Cando a imaxe da Guadalupe iniciou a procesión a hombros dos remeiros, a Banda de Música Artística de Merza lle rendiu honras e tras ela, miles de romeiros.

Incidentes na Costa da Morte

A máis seguida das romarías de onte volveu ser, como en anos anteriores, a festividade da Barca de Muxía. Desde primeiras horas da mañá os fieis tomaron a contorna do santuario de Costa da Morte no que se realizaron os oficios e ofrendas.
As colas de coches e o constante ir e vir de autobuses de toda Galicia deron fe do poder de convocatoria desta festa. Nesta edición, a xornada viuse embazada polo gran número de incidencias rexistradas debido ó desfasamento dalgúns participantes, máis devotos da festa que da Santa. Numerosos cortes e golpes con vidros tiveron que ser atendidos polos servizos sanitarios, pero non saiu nada da normalidade destas festas multitudinarias.

‘Fiestón’ coas orquestras

As festas de Lourdes de Les­tedo deste ano serán difíciles de esquecer. A noite do sábado foi unha auténtica locu­ra. A actuación das orques­tas Panorama, París de Noia e Olympus reuniu a máis de cua­tro mil persoas, segundo cifras facilitadas polos organizado­res. O esforzo da comisión de festas obtivo a súa recompen­sa cunha velada na que non se rexistraron incidentes e na que todos os que acudiron a esta gran cita musical coin­cidieron en destacar a calidade das orquestras e o bo am­biente que reinou en todo mo­mento. Reunir a estas tres or­questas non é tarefa fácil xa que a súa axenda está repleta para os próximos meses, polo que os seus seguidores non perderon a oportunidade.

Motos antigas en Cabío

Case 260 motos antigas partici­paron onte na cuarta edición da concentración internacio­nal organizada polo Concello da Pobra do Caramiñal e o Club de Motos Praia de Cabío, que preside Rafael Méndez. O bo tempo propiciou éxito desta cita, que se iniciou á primeira hora da mañá na praza de Segundo Durán.
Nesta ocasión acudiron máis dunha trintena de clubs das catro provincias galegas, así como doutras comunidades de España, como Cataluña, e de Portugal.
 Na praza se lles ofre­cei un almorzo, no que estu­viron presentes o alcalde da Pobra, Isaac Maceiras, e a edil de Cultura, Encarna González. Desde alí iniciaron ás once da mañá unha marcha turísti­ca para visitar a Barbanza.

 

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS