Hemeroteca web | RSS  RSS     Luns 21.08.2017 Actualizado 18:56
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

En Marea reclama a declaración de BIC para o Parque do Pasatempo de Betanzos

Creouse como "un parque didáctico para que a xente tivese acceso á cultura"

BETANZOS. EP  | 16.02.2017 
A- A+

O portavoz parlamentario de En Marea, Luís Villares, anunciou este xoves a presentación de iniciativas na Cámara e no Concello de Betanzos (A Coruña) para reclamar que o Parque do Pasatempo sexa declarado Ben de Interese Cultural (BIC).

Coincidindo cunha visita ao parque, xunto ás mareas locais de Betanzos, e as deputadas Luca Chao e Ánxeles Cuña, asegurou, ante os danos que presenta, que a súa situación "vai máis aló do estritamente cultural ou patrimonial".

"É inaceptable que nin o Concello nin a Deputación nin a Xunta se fagan cargo dun patrimonio que garda a memoria colectiva e que ten que ser un exemplo para o presente e o futuro", defendeu.

Ademais, lembrou que se creou como "un parque didáctico para que a xente tivese acceso á cultura". Por iso, pediu "actuacións urxentes" encamiñadas a evitar novos danos.

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS