Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 22.06.2018 Actualizado 21:11
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Margarita Ledo presenta este martes un libro de varios investigadores sobre a relación do cinema galego e a emigración

SANTIAGO. EP  | 12.06.2018 
A- A+

A sala Numax de Santiago de Compostela acolle este martes, 12 de xuño (20,00 horas), a presentación do libro 'Marcas na paisaxe. Para unha historia do cinema en lingua galega', coordinado pola catedrática de Comunicación Audiovisual Margarita Ledo e que conta co traballo de varios investigadores.

Esta obra, editada polo Grupo de Estudos Audiovisuais e a Editorial Galaxia, indaga "na relación do cinema galego con diversos aspectos esenciais" da cultura propia de Galicia "como a emigración, a paisaxe, a lingua ou a procura dun cinema nacional-popular".

O libro conta con textos realizados polos investigadores Xosé Nogueira, Marta Pérez Pereiro, María Soliña Barreiro, Fernando Redondo Neira, Brais Romeu Suárez, José Luís Castro de Paz e Xan Gómez Viñas.

Así, este traballo nace con motivo de dúas efemérides, por un lado os 50 anos de 1968 "como animador do cinema militante", así como porque este 2018 é o ano europeo do Patrimonio Cultural, Material, Inmaterial e Dixital.

Os autores explica que se aborda "o cinema de emigración, presente en cada período", "analizan como se filmou a terra e a idea da terra", mentres se pon a mirada "na contribución constituínte do cinema militante e amador, amateur, e que axuden a lembrar aqueles momentos de debate ao redor da lingua nas películas".

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS