Hemeroteca web | RSS  RSS     Domingo 26.04.2020 Actualizado 00:00
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

este venres

María Reimóndez participa no festival literario The Hindu Lit For Life Festival

María Reimóndez - FOTO: ECG
María Reimóndez - FOTO: ECG

SANTIAGO. EP  | 13.01.2016 
A- A+

A escritora María Reimóndez participará este venres no 'The Hindu Lit for LIfe festival', o festival literario máis importante do sur da India que reúne os autores máis sinalados do país e que serve tamén de plataforma para que as lectoras interactuar de forma directa cos escritores máis eminentes.

Reimóndez será a única autora galega e unha das poucas estranxeiras, invitadas a participar neste encontro. O venres 15, ás 17,40 horas, formará parte dunha mesa redonda sobre 'Nocións cambiantes do Estado Nación: visión dende a perspectiva feminista', na que dialogará coa activista e poeta do Támil Thamizhachi Thangapandian e co tamén poeta crítico indio K Satchidanandan.

Ademais, Reimóndez lerá algún dos seus poemas traducidos ao támil por Thangapandiam, a lingua do sur da India que se fala en Támil Nadu e tamén no noroeste de Sri Lanka. Os poemas traducidos proveñen dos poemarios Moda Galega, Moda galega reloaded e Presente continuo.

A vinculación da escritora galega co sur da India, e en concreto con Támil Nadu, vén de moi atrás e ten que ver co seu traballo no campo da cooperación ao desenvolvemento. A través da ONG Implicadas no Desenvolvemento, que fundou en 1998, Reimóndez traballa dende hai anos neste estado e tamén en Etiopía.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS