Hemeroteca web | RSS  RSS     Mércores 11.12.2019 Actualizado 19:33
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Maroto garante que o estatuto das electrointensivas aprobarase "nada máis se forme Goberno"

A ministra afirma que "se pode chegar a boas solucións" e o presidente de Alcoa España di que pode ser "insuficiente"

O presidente da Xunta e a ministra de Industria en funcións visitaron a factoría de Alcoa en Cervo - FOTO: Efe
O presidente da Xunta e a ministra de Industria en funcións visitaron a factoría de Alcoa en Cervo - FOTO: Efe

CERVO (LUGO). EP  | 08.10.2019 
A- A+

A ministra de Industria en funcións, Reyes Maroto, reiterou este martes que o Executivo central aprobará o Estatuto do Consumidor Electrointensivo "nada máis se forme o Goberno", confiando en que este paso sexa beneficioso para Alcoa en Galicia, unha fábrica que "ten futuro".

Así o dixo durante unha visita á planta de Alcoa en San Cibrao (Lugo), na que estivo acompañada polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e polo presidente de Alcoa España, Álvaro Dorado, para coñecer o traballo que se realiza nesta industria, que atravesa momentos de incerteza polo prezo da enerxía.

Maroto lembrou, nunha rolda de prensa posterior á visita, que se comprometeu cos traballadores da planta a coñecer as instalacións e os procesos produtivos que se desenvolven nela, así como as "necesidades" que ten hoxe en día "para ser máis competitiva".

Entre elas, a ministra lembrou que a que ten unha maior incidencia é o prezo da enerxía, unha cuestión que o Goberno de Pedro Sánchez, dixo, "puxo na axenda pública", coa necesidade de "definir un marco estable" para a industria electrointensiva.

UN ESTATUTO PENDENTE DE APROBACIÓN
Reyes Maroto lembrou que, "en seis meses", o Executivo impulsou "un marco estable de axudas sobre a base dun estatuto do consumidor electrointensivo", unha cuestión que, "co adianto electoral" e a posterior "dificultade para configurar un goberno", "lamentablemente non se puido aprobar".

Con todo, a ministra puxo en valor outras medidas, como "as dúas poxas de interrumpibilidade", que permitiron "reducir a factura eléctrica de Alcoa", e o incremento das subvencións de custos de CO2, que se ampliaron "até o máximo que permite a Comisión Europea".

A ministra explicou, de todos os xeitos, que isto "non é suficiente", e que esta industria "require ese marco" estable do estatuto. "Comprometémonos a aprobalo nada máis se conforme o Goberno", sentenciou.

Reyes Maroto, que mantivo un encontro co comité de empresa dos traballadores Alcoa tras a visita, mostrouse convencida de que "a planta ten presente e ten futuro" e asegurou que "compete ás administracións dar solución aos seus problemas". "Se noutros momentos foi posible chegar a consensos para que Alcoa seguise traballando, estou convencida de que xuntos imos poder chegar de boa gana solucións", destacou.

MEDIDAS ADICIONAIS CON "URXENCIA"
Pola súa banda, o presidente de Alcoa España, Álvaro Dorado, trasladou ao presidente da Xunta e á ministra a "grave situación" que está a atravesar a empresa coa "esperanza" de que poida atoparse unha "solución".

Dorado asegurou que a de San Cibrao é "unha das factorías máis modernas de Europa no sector do aluminio primario" e xera "en torno ao 32% do PIB da provincia de Lugo", cun impacto económico "incuestionable" na zona.

Con todo, para "competir globalmente", a empresa necesita "un marco regulatorio estable" que diminúa o custo da electricidade. "Necesitamos custos competitivos e certidumbre no marco enerxético", dixo o presidente de Alcoa España.

Neste sentido, advertiu de que se o estatuto non contén medidas de calado "será insuficiente". "Non quixera alarmar, pero si deixar claro a urxencia coa que requirimos medidas adicionais", explicou.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS