Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 23.05.2019 Actualizado 12:54
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

A masa de aire africano manterá a calor até o mércores, cando as temperaturas baixarán 10ºC

SANTIAGO. EP  | 13.05.2019 
A- A+

A masa de aire cálido africano manterá o tempo seco e caloroso até este mércores, con temperaturas "máis altas do habitual" nesta época do ano, por encima dos 30 graos en moitos puntos de Galicia, após o que baixarán o xoves uns 10 graos nunha xornada na que se esperan choivas pola noite.

Segundo manifestaron a Europa Press fontes de Meteogalicia, servizo dependente da Consellería de Medio Ambiente, a masa de aire cálido que cruza toda a Península chegou a Galicia este domingo, deixando valores de máis de 30 graos nalgúns puntos do sur da Comunidade galega, e manterá o "sol e calor" catro xornadas até o mércores.

Non entanto, as mesmas fontes explicaron que na zona da Mariña luguesa "non se notou" a influencia desta masa de aire cálido, xa que non pasaron dos 20 graos.

A xornada deste luns prevese que sexa "a máis calorosa" do catro días nos que estima que dure este episodio de calor en maio. De feito, dependendo da zona, as temperaturas poden subir aínda entre un e tres graos.

Para este luns prevense que as máximas rolden os 35 graos na cidade de Ourense, os 35-36 no Baixo Miño, os 33 na de Pontevedra e os 31 en Vigo e Santiago de Compostela. "Moi por encima do que é normal e é posible que se bata algunha marca", abundaron.

As mesmas fontes de Meteogalicia puntualizaron que "en maio é habitual episodios de temperaturas altas" durante os que as temperaturas son "frescas" de noite e elevadas durante a xornada, con valores por encima dos 30 graos.

"CAMBIO SIGNIFICATIVO"
Con todo, para o xoves producirase un "cambio significativo", indicaron as mesmas fontes de Meteogalicia, coa chegada de nubes e posibles choivas pola noite.

Por iso, a partir do xoves baixarán "moito" as temperaturas situándose en "valores máis normais" para esta época do ano ao redor dos 20 graos, cunha caída duns 10ºC.

Para o festivo deste venres das Letras Galegas e a fin de semana espérase ceo máis cuberto, "algo de choiva" e temperaturas máis frías, cun "ambiente de humidade" durante a fin de semana.

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS