Hemeroteca web | RSS  RSS     Sábado 14.09.2019 Actualizado 15:12
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Medio milleiro de persoas marchan por Santiago para reclamar unha "solución" ao sector electrointensivo

Traballadores de industrias electrointensivas galegas manifestándose polas rúas de Santiago - FOTO: ANTONIO HERNÁNDEZ
Traballadores de industrias electrointensivas galegas manifestándose polas rúas de Santiago - FOTO: ANTONIO HERNÁNDEZ

SANTIAGO. EP  | 20.05.2019 
A- A+

Medio milleiro de traballadores da industria electrointensiva marchan por Santiago de Compostela para reclamar unha "solución" para o sector que pase pola aprobación dun estatuto que fixe prezos "competitivos" para a enerxía.

A manifestación, convocada polos comités de empresa das plantas de Alcoa, Ferroatlántica e Celsa Atlantic na Comunidade galega, partiu ás 11,00 horas das inmediacións do estadio de San Lázaro.

Os traballadores, que profiren cánticos como 'Enerxía solución' ou 'Goberne quen goberne a industria se defende', marcharán até a sede da Xunta, onde está previsto que sexan recibidos polo conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde.

Na manifestación participan representantes de formacións políticas como En Marea (Luís Villares), En Común (Yolanda Díaz), BNG (Xosé Luís Rivas) e PP (Gonzalo Trenor e Rosa Gallego).

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS