Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 20.10.2017 Actualizado 13:07
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Segundo Stop Desafiuzamentos

Medran en Lugo os desafiuzamentos por falta de pagamento de alugueres

LUGO. EP  | 11.08.2017 
A- A+

O presidente da Plataforma Stop Desafiuzamentos Lugo, Pancho Torrente, asegurou hoxe que crecen os desaloxos, na provincia, por falta de pagamento de alugueres.

Lonxe de rebaixarse os desafiuzamentos, Torrente asegura que se manteñen ou se incrementan mesmo con respecto a outros anos. Así dita plataforma leva, no que vai de ano, ao redor de trinta casos.

Na súa maioría son por falta de pagamento de alugueres, "tres cuartas partes", calcula o activista. Que se reduzan os desaloxos por bancos vincúlao a que "hai menos hipotecas e moita xente tivo que botar man do aluguer".

"A experiencia que temos é que nos bancos cando hai unha defensa colectiva e organizada evitan o desafiuzamento e acábase atopando unha solución", constata.

Torrente puntualizou que se centran tamén en "reclamar contra as cláusulas abusivas dos bancos". "Vanse conseguindo cousas moi aos poucos, os bancos son como moi remisos e tardan moito tempo en dar solución", conclúe.

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS