Hemeroteca web
|
RSS
Sábado 18.05.2013
| Actualizado 11.27
Xullo:
Na tarde do 7 de xullo de 2011 deuse a coñecer o roubo do libro, e pouco a pouco se van revelando as insólitas circunstancias do suceso e das condicións nas que se custodiaba. Non gozaba dun seguro especial, e no lugar dos feitos non hai indicios de violencia, polo que quen o levou o fixo comodamente. Todo isto na conmemoración do 800º Aniversario da Catedral. O Apóstolo non estaría orgulloso desta neglixencia de autoridades políticas e eclesiásticas, mais a caste de persoeiros públicos seguen fachendeando de gardiáns do patrimonio cultural galego. Conde Roa toma posesión da alcaldía de Compostela con louvanzas "ao señor Santiago" e críticas a Sánchez Bugallo, a quen acusa de "perpetuarse no poder", ante as protestas de indignados, docentes e independentistas. Catro de cada dez galegos menor de 25 anos está desempregado, e
o paro sube máis en Galicia que no resto do Estado, dende que gañou Feijóo, segundo o Instituto Nacional de Estatística. Neste escenario negativo bota a andar a mobilización de desempregados que convoca a CIG, o sindicato nacionalista, con marcha a pé cara á capital de Galicia incluída o 3 de xullo. Ese mesmo día levanta a Acampada Obradoiro, que resistiu case mes e medio, uns corenta días, até a investidura como rexedor de Conde Roa, a pesar das constantes ameazas de desaloxo tanto do alcalde recente como do anterior, mais prometen manter o espírito do 15M vivo, a través de asembleas de barrios, mobilizacións concretas e unha "marcha indignada" sobre Madrid. Galicia Confidencial prestou moita atención dende o principio a este movemento social en todas as cidades e vilas galegas, e mesmo participou nun relatorio na acampada de Santiago, xunto a Manolo Rivas e Xosé Manuel Pereiro. Tamén Sechu Sende, que falou en GC da relación da lingua galega coas acampadas.O voceiro do PPdG, Antonio Rodríguez Miranda, afirma que "nacionalismo é igual a políticos caros". Ao mesmo tempo, o líder de Esquerda Unida na Coruña, Santiso, renuncia ao soldo do Concello, mentres recorda que o alcalde de Negreira é o político que máis cobra, o mesmo que o presidente da Xunta. Nace a iniciativa Ben Común, na que membros de case todas as familias do galeguismo se unen para "renovar a democracia do país" na liña do 15M. PP e PSOE únense para rexeitar a iniciativa do BNG de permitir a dación en pago do piso de non poder pagarse a hipoteca. Lula González, xefa de Recursos Humanos da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao, conta a relaciónque tivo co presidente desa entidade co que mantén un proceso xudicial. O Bloque pide o cese do Director Xeral de Patrimonio pola desaparición do Códice Calixtino. E entréganse as medallas Castelao, que reivindican o uso do galego e denuncian a súa desatención, para o científico Ángel Carracedo e a directora do Instituto da Lingua Galega, Rosario Álvarez.As organizacións nacionalistas chegan ao
25 de xullo nun ambiente enrarecido, divididos polas diferentes aspiracións de independencia, con ata tres manifestacións. Nós-UP sepárase de Causa Galiza. Conde Roa prohíbe dous actos independentistas no Día da Patria, o de Causa Galiza e o de Briga. Pero Causa Galiza mantén a súa "romaría" e consegue autorización, a través da Liga Estudantil Galega e a USC, para celebrala no Burgo das Nacións, dicindo que defenderá o seu dereito a reunirse, se é preciso "coa desobediencia civil". Todas as forzas políticas celebran o Día Nacional de Galicia autoproclamándose os máis galeguistas. Preto de 20.000 persoas percorren as rúas de Santiago nas tres manifestacións convocadas por BNG, Causa Galiza e Nós-UP, mentres os populares o celebran coma sempre no Panteón dos Galegos Ilustres, e os socialistas coa súa tradicional ofrenda a Castelao en Rianxo. Comeza unha nova edición do Festigal, no que se presentan iniciativas que tentan revitalizar o uso do galego, como Sermos Galiza ou libros como "Como defenderes os teus dereitos lingüísticos", de Carlos Callón; despois da desaparición en papel de Galicia Hoxe, do que aínda seguen dándose reaccións, como a da Real Academia Galega, ou a mobilización de Queremos Galego. A única nota de cor memorable nesta edición do Apóstolo, afectada polos recortes até no calendario: os fogos da noite do 24 de xullo homenaxean os 800 anos da Historia da Catedral cun espectáculo de luz e son non xa 3D, senón 4D, como afirma con fachenda Conde Roa.O 28 de xuño cumpríranse 75 anos da aprobación en referendo do Estatuto de Autonomía de Galicia. O Xornal de Galicia dedícalle o 25 de xullo unha portada conmemorativa e un completo suplemento especial, mais xa non se poderá admirar máis que nas hemerotecas de papel.Conmemóranse os
126 anos da morte de Rosalía de Castro, que é celebrada por numerosas autoridades da cultura e a política, profesores, poetas e lectores de todo o mundo, na Casa da Matanza en Padrón, cun recital e coa presentación do último número da Revista de Estudos Rosalianos. O acto conta tamén coa presenza de Xesús Alonso Montero e Helena Villar Janeiro, presidenta da Fundación Rosalía. Tamén o galeguista Aquilino Iglesias Alvariño recibe unha homenaxe ao cumprirse o 50º cabodano.Agosto:
O mes comeza moi negativamente para o mundo da comunicación en galego, co peche da edición en papel de Xornal de Galicia. Sen embargo, a dirección recalca que o xornal seguirá na Rede, e mesmo se potenciará.Até 19 alcaldes nacionalistas presentan en Compostela un manifesto crítico que pide a rexeneración do BNG, así como escoitar máis as demandas na rúa. Ben Común pide unha candidatura única de toda a esquerda galega ao Senado, e para iso dialoga con Esquerda Unida. O Concello de Ponteareas está na bancarrota, segundo o BNG. A concelleira de Cultura da Coruña defende o programa de festas elaborado polo seu equipo, atacando o do grupo municipal anterior, posto que lle parecían festas "demasiado gallegas". Mentres, o seu concello perdoa 370.000 euros ao presidente da patronal. Ante a decisión de Berlusconi de eliminar politicamente as provincias, distintos políticos expresan a súa
posición respecto a unha posible fusión de concellos e supresión das deputacións provinciais. Coñécese que limpar o Gaiás custa 253.000 euros ao ano, máis que as axudas a asociación culturais. Quintana abandona a política activa para adicarse aos negocios. Foron moi poucas as voces que no Consello Nacional tiveron verbas agradecidas con el.Detectados novos casos de traballo escravo para Zara no Brasil. O BNG adía a Asemblea Nacional para xaneiro de 2012, e polo tanto o momento no que se decidirá o candidato para as vindeiras eleccións xerais. Remata o mes e o goberno coruñés non ten intención de quitarlle o título de Fillo Predilecto ao Fundador da Lexión e xeneral fascista Millán Astray
Setembro:
:Os políticos volven das vacacións de verán coas pilas "cargadas", en moitos casos, de mala educación e modos até mafiosos. Por exemplo: o alcalde de Porriño, Nelson Santos, insulta a un concelleiro do BNG no medio do pleno, chegando a ameazalo porque denunciaba as supostas irregularidades de dous concelleiros do goberno local por sobresoldos. Pola súa parte, o alcalde compostelán, Conde Roa, síntese aludido erróneamente ao final dunha ópera, que exhibe mensaxes dos "indignados", e chama "mamón" e "maleducado" a Baltasar Patiño, un dos mellores iluminadores de Galicia. No extremo contrario, os grupos que presiden o concello de Arbo, BNG e os independentes de AIAR, permiten aos veciños intervir nos rogos e preguntas dos plenos na primeira experiencia de participación democrática directa. Os senadores españois publican os seus bens, descubríndose que os políticos galegos teñen un patrimonio moi superior ó do galego medio. Ademais descóbrese que o senador do PP Isaac Vila é millonario, pero con impagos de impostos que motivaron o embargo dunha das súas empresas por parte da Axencia Tributaria. Outras tentan dar exemplo: Carme Adán, do BNG, vicepresidenta da Mesa do Parlamento trala renuncia de Anxo Quintana, renuncia ao seu coche oficial e a parte do seu soldo, que cederá á súa formación política. O BNG, a través de Francisco Jorquera, no Congreso dos Deputados, trata de xuntar 26 senadores para forzar un referendo sobre a reforma da Constitución, e critica que se sacrifique a "soberanía popular para evitar un referendo", mais non o consegue. O PSdG, a pesar de aprobala, tamén ten críticos coa reforma da Constitución. "Inocentada" é que Pachi Vázquez lles pida un "pouquiño de por favor" aos nacionalistas para apoiar a reforma da Constitución, e que Feijóo insista en que "a soberanía popular reside nas Cortes", cando en realidade reside no Pobo, o que motiva as críticas de socialistas e nacionalistas. A Fundación Fraga é danada por un artefacto explosivo, pouco despois de anunciar a retirada da vida política. Novas da Galiza alerta de que a "Junta abre espaços naturais para a exploraçom piscícola", de que "Zara emprega trabalho escravo", dos efectos dos recortes sobre os servizos de emerxencias, así como da "primeira escola de ensino galego".Outubro:
Uns días máis tarde, desactivan unha bomba no barrio vigués de Bouzas, supostamente relacionada con esta organización. Falando de terrorismo, desta vez urbanístico, Conde Roa pacta cunha construtora a recualificación da Finca do Espiño, na que xa non se fará unha residencia da terceira idade, senón pisos de luxo. Para a manobra, e segundo Sánchez Bugallo, retira a catro funcionarios. Nace a primeira asociación de Vítimas do Caciquismo (AVC) en Ourense, e declara "cacique do ano" a Xosé Luís Baltar. O PSdG sitúa a Feijóo como responsable último dos casos de corrupción do PP trala imputación de 13 dos seus altos cargos. O presidente do sindicato nacional da prensa marroquí acode a Santiago e dá a súa particular visión sobre as revoltas árabes. Os traballadores da CRTVG convocan mobilizacións en contra da privatización da compañía. Feijóo acusa ao Goberno de promover a desaparición das caixas, e Greenpeace acusa a Xunta e Goberno central de promover a pesca ilegal. O consello de Inditex quintuplica a súa retribución co incentivo ao seu novo presidente, Pablo Isla. Unhas 2.000 persoas reclaman nunha manifestación por A Coruña a limpeza da ría do Burgo, e a manifestación mundial convocada polos indignados o 15 de outubro é seguida masivamente en Galicia. Malos tempos tamén para a lingua: a Xunta quere mancomunar os servizos de Normalización Lingüística dos concellos, mentres a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística denuncia a demora da Secretaría Xeral de Política Lingüística nas axudas ao fomento do galego. Mentres uns fan o que poden por demoler o idioma, o actor Martin Sheen amósase "extremadamente orgulloso de ser galego". A Federación Galicia Cultura considera a supresión total de axudas ao asociacionismo cultural "unha grave involución" que remite a "tempos do franquismo". O Colexio de Xornalistas expresa a súa satisfacción pola decisión do xuíz da Audiencia Nacional, Santiago Pedraz, de procesar por terceira vez tres militares norteamericanos por un delito contra a comunidade internacional, en relación coa morte do cámara galego José Couso. Cáritas Diocesana informa de que 75.000 ourensáns malviven por baixo do limiar da pobreza. E Ourense tamén celebra "O Día de Nós. A Nación-Cultura Galega", recordando a emblemática xeración de galeguistas.
mobilización da sociedade galega, que consegue reunir máis de 1.500 sinaturas en dous días. Moitos colectivos e institucións "choran" a súa desaparición, pero ninguén fai nada efectivo por impedilo. Un día despois, denuncian que La Región cambia profesionais por bolseiros, despois de despedir a 10 traballadores só neste ano. Un artigo esclarecedor de Rodri Suárez en Diagonal, que comeza en 2011 a publicar artigos en galego, analiza con rigor o fenómeno da "agonía da prensa crítica galega".
Máis do 50% dos profesores, segundo os sindicatos, foron á folga por unha educación pública dos centros de educación secundaria, mais a Xunta anuncia que non modificará o decreto a pesar da forte oposición social.Novembro:
Foi o mes das eleccións xerais, celebradas o 20N, aniversario da morte de Franco. Zapatero apoiaba a Blanco en Lugo. Galicia entraba nun frío mes en alerta por choivas e ventos de até 100 quilómetros por hora. Ao mesmo tempo, sen embargo, baixaba a sinistralidade de tráfico no país. Despois do debate bipartidista entre Rajoy e Rubalcaba, aparece por fin a España plural por fin na televisión estatal, pero cun formato malo para o BNG e unha presenza de Galicia breve e "enlatada". 130 intelectuais proclaman nun manifesto a súa adhesión á fronte. As sondaxes vaticinan os mesmos dous concelleiros ao BNG, catro concelleiros ao PSOE, e o teito máis alto para o PP. Acertan de pleno, e o partido conservador arrasa tamén en Galicia. O 15M sae tamén ás rúas na xornada de reflexión. O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia declara que "manter frío o investimento público" era un "problema". Ademais denúnciase dende o BNG e o colectivo de traballadores da compañía a nova lei da CRTVG, pactada por PP e PSOE, porque "impulsa a privatización". Tamén os sindicatos do naval denuncian o afundimento do sector ante a negativa da UE a aceptar a alternativa fiscal proposta polo goberno español. Non é o único sector ao borde do colapso, porque a industria do leite atópase ao límite, os costes multiplícanse mentres o prezo do leite se mantén baixo. No cultural, un acto literario en Santiago recorda os 25 anos de "Polaroid", de Suso de Toro. O PP recorta a cultura e a lingua en Ames, ao eliminaren 12 postos de traballo, principalmente desta área. Xosé Manuel Lema, membro de Prolingua, entre moitos outros, esixen ao rexedor da localidade que devolva un premio que lle deron á normalización lingüística. Quico Cadaval, Carlos Núñez e María Pujalte, entre outros, reciben os Premios da Cultura Galega 2011. Roberto Varela, titular de Cultura, prioriza por fin a actividade cultural sobre o equipamento e as infraestruturas, e descarta seguir coas obras na Cidade da Cultura. O 9 de novembro arrincaba a edición máis exitosa de Cineuropa, o XXV aniversario, con homenaxes a Aitana Sánchez Gijón e Jorge Drexler. Remataría en decembro con gran éxito de crítica e público, no ano de máis afluencia, e "The Artist" como gañadora do Premio do ídem. Manuel Lourenzo Gómez gaña a XXIX edición do premio de novela longa Eduardo Blanco Amor, e Teresa Moure o Xerais de Ensaio. Preséntase en sociedade a nova edición do Culturgal máis completo, que ofrece máis de 130 actividades para todas as idades, mentres se fai balance do OUFF (Festival de Cine Internacional de Ourense), o que conseguiu levar máis espectadores ás salas. Anúnciase a nova cantante de Luar na Lubre, Paula Rey, que substituirá á vocalista portuguesa Sara Vidal. No ecolóxico, ADEGA denuncia as eivas ambientais da Lei de Acompañamento, e BNG e PSdG piden a dimisión do conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, pola xestión do seu departamento durante a onda de incendios de outubro. O "superdelegado" da Xunta en Ourense admite que foi ver o Real Madrid en plena vaga de lumes, e a cidade das Burgas mobilízase para reclamar responsabilidades. Sil e Ribeira Sacra vense ameazados por obras colosais nunha nova central eléctrica, e ADEGA denuncia que a Consellería do Mar prevé enviar bivalvos contaminados a territorios da Rede Natura. Ecoloxistas e comuneiros rexeitan a nova Lei de Montes. WWF recoñece o traballo dos mariscadores galegos na pesca sustentable. Feijóo sofre un accidente de coche ao colisionar con dous xabaríns, o que algúns interpretarán en clave alegórica.No sector económico, ponse de manifesto a guerra entre Castellano e os ex directivos das caixas, para tentar apartalos do organigrama de Novacaixagalicia, con ameazas de querela, denuncias xudiciais e revelación de documentos comprometidos incluída, e Anticorrupción investiga as primas das caixas galegas., mentres a entidade lle debe 400.000 euros aos seus traballadores, e o Fiscal Superior de Galicia Carlos Varela pide un plan anticorrupción para as administración galegas. Gayoso e Varela entregan as súas renuncias como conselleiros a NCG.
Os resultados electorais adversos para a esquerda desatan unha crise no seo de BNG e PSOE. A corrente frontista de Máis Galiza pide un cambio de mensaxe, mentres UPG fuxe da autocrítica e afirma que os resultados foron positivos, xa que se mantén a representación galega. Varios deputados desafían a Pachi Vázquez e opóñense ao nomeamento do senador autonómico Pablo García. Ao mesmo tempo, Carlos Aymerich postúlase como candidato á Xunta como portavoz de Máis Galiza. Os Irmandiños cren que a posta a disposición do cargo feita por
No eido educativo, entréganse á consellería os resultados do referendo no que 19.000 docentes rexeitan os recortes. Os universitarios protestan contra a Normativa de Permanencia e conseguen que o rector se abra á negociación da lei. Hai protestas de alumnos en preto de 30 universidades públicas. Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, critica que a cultura galega estea na segunda división orzamentaria, mentres que o Nobel de Química en 2005, Richard Schrock, invita en Santiago de Compostela a investir en ciencia para "un futuro mellor", e estudantes de Ribeira crean e soterran unha cápsula do tempo para abrila en 2061. No capítulo de memoria histórica, a Fiscalía Superior de Galicia investiga seis denuncias de supostos nenos roubados durante o franquismo. Cúmprense 36 anos da morte de Franco, e hai homenaxes á memoria da xente que viviu a Guerra Civil, como a de Antón Caeiro con Arde Madrid en Cineuropa. Centenares de persoas piden a devolución do Pazo de Meirás.No terreo da comunicación, a nova Lei de Medios pactada por PP e PSdG foi contestada polos traballadores, sindicatos e BNG. O Cluster Audiovisual Galego maniféstase, pola contra, moi a favor. Os traballadores da CRTVG van á folga, e esta conta cunha "participación histórica" segundo o Comité Interempresas. Os traballadores denuncian represalias da dirección da casa ao apartar aos dous xornalistas que presentaron o telexornal reivindicativo, Alfonso Hermida e Ana Pérez. A USC celebra unas xornadas tituladas "Os medios en galego, importan?", onde se reúnen varios profesionais dando a súa opinión sobre a crise dos medios, entre elas a de José Luís Gómez, que afirma que "estamos nun país, se se lle pode chamar así, onde os medios en galego non importan". Ignacio Ramonet, director de Le Monde Diplomatique, presenta "A explosión do xornalismo" en Santiago, dous días despois de que Feijóo lles pida á prensa no congreso da Asociación de Xornalistas de Galicia "rigor e valentía". Cinco días antes das eleccións, o DOG publica as axudas a medios por usar o galego, con resultados sorprendentes: La Voz leva case o 40% dos cartos, e Jacinto Rey, a través do xa extinto Xornal de Galicia, levará máis de 5.000 euros a pesar de ser o responsable da morte de dous xornais históricos, Xornal e A Nosa Terra; mentres ningún dos medios que publican integramente en galego recibe un peso. Parece unha grande inocentada, pero non o é: é a crúa realidade. La Voz de Galicia leva 660.000 euros, e nin un peso para Radiofusión.
Non será a última inocentada, ou mellor dito broma de mal gusto, ríndose dos mortos: Feijóo presume dun libro editado por A Nosa Terra, a empresa que a inoperancia do seu goberno contribuíu a afundir. O libro en cuestión é unha tradución do Códice Calixtino ao galego, encargado polo anterior goberno bipartito de PSOE e BNG, pero que o departamento de Cultura de Roberto Varela dubidara en sacar adiante, dado que consideraba demasiado caro. Sen embargo, xa en marzo obsequiara cun exemplar de luxo ao papa Ratzinger.O único positivo arredor da lingua: máis de 10.000 alumnos participaron no Día da Ciencia en Galego., e Semente, escola de ensino en galego, abre definitivamente.
Decembro:
O día un ábrese o proceso para a Asemblea Nacional do BNG, que se celebrará en 2012. Unha homenaxe a Xosé Manuel Beiras congrega a un milleiro de persoas. Beiras di que loita “con esperanza”: “Por iso non desertarei”. No GC realizábase unha análise das distintas correntes, mentres Pachi Vázquez, secretario xeral do PSdG, manifestábase listo para ser candidato nunhas autonómicas anticipadas, cuxa idea estivo sobrevoando todo o mes dende o momento en que o PP gañou as eleccións do 20N, e mesmo antes. Martiño Noriega, alcalde de Teo e membro do Encontro Irmandiño, chama ao Bloque a recuperar o papel de “casa común da esquerda e do nacionalismo”.
O “despilfarro” dáse tamén no Goberno galego, que proporciona xenerosas partidas de cartos ás grandes cabeceiras para facelas submisas aos seus postulados, escondéndoas baixo a forma de axudas, mais sen a mediación de concurso público ningún. 390.000 euros adxudicou a dedo a Consellería de Mar de Rosa Quintana, unha institución que sen embargo non existe agora, despois da remodelación do goberno de Feijóo. Tamén Medio Rural malgasta 75.000 euros nunha publicación propagandística “que se amorea na Xunta”. Publícanse os bens do presidente e dos conselleiros, algún dos cales arrastra importantes débedas –Beatriz Mato-, e algún outro amasa unha grande fortuna –Javier Guerra-; mentres, segue a investigación da presunta corrupción de cargos dos tres partidos maioritarios, en casos como o Arena, ou o Campión.
O 6 de decembro ve un baleiro institucional no Día da Constitución en Galicia, mentres Feijóo segue os actos oficiais de celebración en Madrid, AMI berra “Nom” e máis dun cento de persoas se congregan en Tomiño convocados pola “Plataforma en Defensa do Ensino Público”. Cúmprense 80 anos da fundación do Partido Galeguista. Pérez Bouza é candidato ó premio de “parlamentar máis activo” polo seu labor no Senado. Manuel Rivas di que “Galicia estivo moito máis preto de Sicilia do que pareceu” no programa “Sin rodeos”, de Localia TV. Intelectuais e profesores denuncian a detención de Antón Santos e María Osorio, cun manifesto entre os que se atopan Sechu Sende, Antón Dobao ou Dionisio Pereira.
Os principais sindicatos do ensino anuncian mobilizacións contra os recortes no ensino público executados pola Xunta, e efectivamente, catro días máis tarde, e ante a negativa do conselleiro de Educación de recibilos, péchanse na Consellería de Educación para pedirlle á Xunta que aborde os recortes na ensinanza. Tamén os investigadores das bolsas Parga Pondal se fechan no reitorado da USC, e a plataforma SOS Sanidade Pública toma o Parlamento para protestar polos recortes, entregando un “kit de emerxencia” aos deputados para acudir á sanidade pública. Seguen os apoios e manifestacións en solidariedade coa okupación e os detidos da Sala Yago. O Concello de Santiago embarga a conta de “A Gentalha do Pichel” por non pagar unha multa que recurriran xudicialmente, extralimitándose nas súas funcións.
Non son bos tempos para a Memoria Histórica: aínda que en Ferrol piden a retirada das placas e nomes de rúas franquistas, e a Deputación de Lugo homenaxea ás vítimas do franquismo, a abstención do PP impediu retirar as distincións honoríficas a Franco durante a dictadura.
A CRTVG celebra por primeira vez en 19 anos oposicións, un proceso de consolidación de emprego con milleiros de aspirantes, ao tempo que o BNG alerta dun Rajoy privatizador e centralizador, por anunciar o cambio de modelo de xestión das emisoras autonómicas. a andar “Vitaminas para o galego”, unha campaña de sensibilización para axudar aos medios de comunicación “na lingua propia de Galicia”. A Asociación da Prensa da Coruña denuncia unha oferta de traballo a xornalistas por 53,80 euros ao mes.
A Universidade de Santiago de Compostela (USC) presenta un novo libro do Observatorio Astronómico, 'As Matemáticas e a Astronomía en Galicia', no que se realiza un percorrido pola historia e a evolución do estudio matemático, astronómico e astrofísico en Galicia. Once institutos galegos son premiados en innovaciónen materia de formación e orientación.
Fronte ao verdadeiro progreso, preséntase como un logro dos gobernos galegos a inauguración da primeira liña de alta velocidade de Galicia, da man do Avant, coa presenza de moitos políticos gabándose do “logro”. Sen embargo, pronto desenténdense do AVE e a conexión coa Meseta, o Sindicato Ferroviario de Galicia-CGT denuncia que o Avant galego “ten os presos máis altos de España malia ser o máis lento”, o que ratifica CCOO. Rubén Cela e o BNG consíderano un “servizo para as elites” e solicitan a baixada das tarifas entre Coruña e Santiago, a quen non compensa a chegada da alta velocidade.
Pouco antes do Nadal constitúese o novo goberno de España con Rajoy ó frente, e Feijóo vese obrigado a remodelar o seu, pola marcha de Pilar Farjas, conselleira de Sanidade, e Marta Fernández Currás, de Facenda, para engrosar as secretarías de Sanidade e Economía respectivamente. Unha das responsables de malvender Novacaixagalicia pasará a axudar a Cristóbal Montoro. Inocentada que convive con outra, a elección de Arsenio Fernández de Mesa, ex delegado do Goberno canda o Prestixe, como director da Garda Civil. Despois deste “cambio de cromos galegos”, Feijóo di, ironicamente, que non dará “un paso atrás na defensa de Galicia”.
En Nadal, os responsables de distintas entidades sociais galegas alertan do “espectacular” aumento de persoas en Galicia que solicitan alimentos para poder saír adiante por mor da crise. Denuncian novos abusos policiais contra inmigrantes na Coruña.
Positivo é o acordo por unanimidade do Parlamento Galego para prohibir o acceso ás touradas dos menores de 12 anos, probablemente o único no que se puxeron de acordo este mes. Tamén noticia positiva para os menores é a constitución dunha rede de escolas infantís en galego, a “Rede Popular de Ensino en Galego”. Unha rapaza serbia canta en galego “Negra Sombra” e “Lela” nun programa de televisión, demostrando que a lingua e cultura galegas non teñen fronteiras.
O director xeral de Patrimonio asegura que o BNG ten unha “tara, eiva ideolóxica” no transcurso dunha sesión parlamentaria que se adicaba a discutir o tratamento do patrimonio de Castelao, o que desata unha gran bronca. Finalmente, é declarado Ben de Interese Cultural Inmaterial, mais esta solución non protexe os bens mobles ou inmobles do escritor rianxeiro. Antón Reixa presenta a súa candidatura para presidir a SGAE, anunciando un novo estilo: “Non podemos seguir sendo belixerantes cos salóns de peiteado”. Leva o nome de AUNIR.
