Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Mércores 03.09.2014  | Actualizado 01.53

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

ARDENTÍA

En Memoria de Mercedes Paz Vázquez

MANUEL DOURADO DEIRA  | 16.09.2011 
A- A+

Foi unha tremenda sorpresa por esta zona do municipio de Rianxo e o seu entorno máis próximo o falecemento de Mercedes Paz Vázquez, Mestra que foi durante moitos anos (entorno aos 40) no municipio de Rianxo, concretamente na Escola Mixta de Buhía (Araño) e no Colexio Castelao de Rianxo). Unha profesional extraordinaria, como docente, como compañeira e moi querida dos seus alumnos, aos que pedagóxica e didacticamente trataba con amor e mesmo cariño individualizado maternais. Era respectada e admirada polos compañeiros e, por suposto, polos pais-nais conscientes dos beneficios da dunha educación integral de calidade dos seus fillos. Polas túas mas pasaron tres xeracións de alumnos que te recordan hoxe con gratitude. Nisto das xeracións coincidimos.

Tamén coincidimos, anque con diferencias, nos principios xerais da pedagoxía e sobre todo, na didáctica a aplicar, non só tendo en conta as características concretas de cada grupo, senón tamén as singularidades de cada alumno que abranguían todo un complexo mundo de particuridades persoais e, sobre todo, do medioambiente familiar e social. ¡Cantas veces nos vimos necesitados de resolver problemas dese tipo para sacar adiante algúns alumnos moi difíciles por unha situación familiar conflictiva e moi problemática, cuxas negativas secuelas pagaban os alumnos. Tamén niso coincidíamos; pero ti facíalo con tanto amor que o neno colaboraba espontaneamente, mentres eu cargaba máis as tintas sobre o deber do alumno e o meu deber de esixencia. Naturalmente, os resultados son bastante deferentes. Hoxe, es recordada por esas amorosas estratexias didácticas. Por suposto que tamén polo herdo de formación dos teus alumnos para a vida.

Por iso, a Comunidade Docente de todo o municipio determinou que se celebrara un acto litúrxico na Igrexa de Santa Comba (Columba) de Rianxo, que terá lugar o próximo luns, 19-9-11, ás 18 h. (6 da tarde).

Os que fomos os teus compañeiros profesábamosche unha admiración extraordinaria. Claro que sempre hai algunha mala herba de por medio. Pero iso é inevitable nun colectivo numeroso como eramos daquela. A ti propinábanche algún apelativo, como “abella maia”, a “moiniña que as mata calando”, cando sabía todo o mundo que ti dabas vida aos alumnos que tiñas a sorte de pasar pola túas mans. Igual que a min me chamaban o “catedrático rural” e ao noso amigo Eduardo Vázquez, tamén esixente e traballador infatigable e fustigador de cacicadas no Colexio, etc. tamén tiña o seu apelativo . Pero, hoxe, ti e Eduardo sodes recordados e queridos por aquel alumnado, porque lle chegou a aqueles nenos o momento de coñecer, como adultos, o prezo da Vida. E comprenden que vós fostes os seus excelentes mentores. Por iso, querida Mercedes, é precisamente o noso amigo Eduardo quen tivo a iniciativa de que a Comunidade Educativa de todo o municipio celebremos un acto na atúa memoria. E non escatimou esforzos para llo facer saber a tódalas xentes do Municipio de Rianxo. Descansa en Paz, querida compañeira!

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS