Hemeroteca web | RSS  RSS     Luns 19.02.2018 Actualizado 18:06
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Poderán comunicarse por 'Skype'

O menor ao que o seu pai levou de Suíza reencóntrase coa súa nai en Vigo

VIGO. EP  | 14.02.2018 
A- A+

O menor de 2 anos de idade ao que o seu pai, Ismael G.O., levou de Suíza o pasado 14 de xaneiro sen consentimento da nai, reencontrouse este xoves coa súa proxenitora en instalacións dos xulgados de Vigo, e coa supervisión dunha psicóloga, segundo confirmou a propia muller a través das redes sociais.

Laila A. trasladouse a Vigo desde Zúric, onde traballa e vive coa súa familia, e puido compartir un intre co pequeno, antes de marcharse para regresar á cidade suíza.

Segundo ela mesma explicou a través de redes sociais, volverá comparecer en sede xudicial nunha vista fixada para o próximo 5 de marzo. Mentres tanto, poderá comunicarse todos os días, ás 19,00 horas, co seu fillo a través de videoconferencia (Skype), segundo "mandato xudicial".

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS