Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Martes 22.07.2014  | Actualizado 19.48

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

PORTA DE PALLA

Mentireiros

XOSÉ M. RIVAS TROITIÑO  | 22.07.2011 
A- A+

Fai case 150 anos Henry James adiantou o proxecto dunha novela sobre unha muller casada cun home encantador pero totalmente mentireiro. Un día, el incorre nunha mentira enorme que ela se ve obrigada a apoiar. Para salvar a cara, ela tamén debe mentir. Faino, pero logo odiarao.
A idea levouna a cabo deseguida nunha novela curta, O mentireiro, publicada en 1888, que me recorda nalgunhas pasaxes a lord Byron no seu intelixente diálogo sobre a mentira na arte. Henry James era estadounidense pero nacionalizouse británico. En calquera caso, os dous hermeneutas da mentira pertenceron á cultura anglosaxona, onde tanta importancia social e política ten o mandamento de non mentirás.
Mentres relía a James, tamén lin os xornais da xornada, seguindo o que Goethe recomendaba de ler a biblia de cada día. E convénzome de que os clásicos sono por mérito propio. Resulta máis instructivo, divertido e nobre ler os seus relatos que as reportaxes coas mentiras do día. Xa non aparecen só as mentiras dos personaxes, tamén nalgúns casos as mentiras de quen se fan eco dos mentireiros.
Claro que na nosa cultura, a dos Borgia entre outros, prevalece a sinceridade de Campoamor: en este mundo traidor nada es verdad o mentira, todo depende del cristal con que se mira.
Aplíquese, en especial, aos políticos deste tempo, para non cair en enganos. Porque algún político noso doutro tempo deixou escrito: mexan por nós e hai que dicir que chove.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS