Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Sábado 25.10.2014  | Actualizado 13.21

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

CARTAS BOCA ARRIBA

O mercado e a globalización

DIANA VARELA PUÑAL  | 31.07.2011 
A- A+

É o título do último número da colección "Musa pedestris", editorial Trifolium, de José Luis Sampedro, traducido ó galego por MªFe González Fernández. Un ensaio indispensable para quen desexe unha versión diferente sobre a suposta panacea capitalista: lonxe de conducir á riqueza global, as diferencias entre os países ricos e os países pobres, entre a xente rica e a pobre, son cada vez máis insalvables. A pesar do cal, para José L.Sampedro, outro mundo é posible.

Os legos na materia poderiamos resumilo dicindo que o neoliberalismo econonómico, lonxe de fomentar a liberdade, fomenta a escravitude. A diferencia do que preconiza o mercado perfecto da teoría capitalista, o comprador nin dispón de toda a información necesaria nin é experto nos produtos que lle ofrecen. Non é pois o rei do mercado, senón un monicreque. Para Sampedro, a man invisible é unha entelequia perigosa. A man é perfectamente real e interesada, ten nomes e apelidos, engadimos. Son os monopolios, encargados de subministrar información asimétrica ou desinformar ós incautos consumidores. O único invisible son as colas dos mercados, vergoñentamente longas e pútridas, formadas por unha maioría que non pode adquirir os produtos ofrecidos nese mercado da soberbia. Só unha minoría pode obter os artigos desexados. Por iso son imprescindibles as regulamentacións que corrixan a ambición dos multimillonarios capitalistas en beneficio do interese público. Pero son os menos dotados, os que menos capacidade de decisión teñen, os únicos interesados en establecer esas intervencións externas. Fronte ó principio básico da democracia: unha persoa, un voto; a neoescravitude económica impón: unha unidade monetaria, un voto. As entidades industriais e comerciais máis rentables, xunto coas grandes institucións financeiras, "desprazan as fábricas a países con salarios baixos, transvasando fondos e contabilidades, eludindo controis fiscais e lexislacións incómodas, esmagando rivais locais e conseguindo cifras de beneficios superiores a moitos orzamentos nacionais…". Sóalles? Zafias. Raposeiras, empresas. "O mercado e a globalización", un libro de cabeceira.

E fronte á indecencia do tipo de vida que levan uns cantos, a fame en Somalia. Pasar por diante de escaparates con bolsos que custan tres mil euros, ver roupeiros con trinta ou coarenta camisetas, vinte vestidos, cincuenta zapatos… Que calquera de nós gaste ó día cento cincuenta libros de auga, habendo familias que non dispoñen nin de litro e medio, fai difícil atoparlle sentido ó sistema imperante: a fame en Somalia.

 

Diana Varela Puñal

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS