Hemeroteca web | RSS  RSS     Martes 11.12.2018 Actualizado 21:23
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

A Mesa denuncia a "discriminación" a unha aspirante a traballar no Concello de Redondela por examinarse en galego

VIGO. EP  | 12.04.2012 
A- A+

A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou este mércores o caso dunha muller que aspiraba a un posto no departamento de Turismo do Concello de Redondela (Pontevedra), á que un membro do tribunal de selección lle advertiu de que "non sería avaliada se facía o exame en galego".

Segundo A Mesa, foi un membro dese tribunal --un técnico do Padroado de Turismo Rías Baixas-- quen fixo a advertencia a Natalia Soliño, polo que ela denunciou o seu caso a través da Liña do Galego desta organización.

A afectada tamén presentou unha reclamación no rexistro do Concello de Redondela por unha "grave discriminación", xa que nas bases da convocatoria para ese posto "en ningún punto se especificaba que fose obrigatorio o uso do castelán" ou que estivese "prohibido" o uso do galego.

A Mesa pediu ao Concello de Redondela que investigue o acontecido, ao tempo que porá o caso en coñecemento do Valedor do Pobo e a Xunta para que obriguen a Administración local a "cumprir a lei". Así mesmo, lamentou que o Goberno municipal se limitara a "negar a versión da afectada".

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS