Hemeroteca web | RSS  RSS     Martes 11.12.2018 Actualizado 21:23
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

É O ÚNICO IDIOMA DO ESTADO ESPAÑOL QUE NON TRADUCE

A Mesa lidera unha campaña para que Twitter trate o galego como fai co vasco e co catalán

SANTIAGO. REDACCIÓN  | 19.05.2012 
A- A+

De pouco lle sirve ao galego ocupar o posto 36 polo seu uso en Twitter entre os máis de seis mil idiomas que existen no planeta. A rede social confirmou que o seu servizo será traducido só ao vasco e ao catalán, ademais de ao castelán, por suposto, co que a galega será a única das catro linguas oficiais no Estado español sen identidade propia en Twitter. Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, culpa á Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta por non ter posto en marcha ningunha iniciativa para que Twitter inclúa o galego: "Esta noticia por si soa debería supor a dimisión ou cesamento do secretario xeral de Política Lingüística da Xunta". Callón subliña que “todas as tentativas que houbo até o momento para que haxa opción de Twitter en galego partiron da base social, sen ningunha acción de apoio por parte da Xunta”.

A Mesa anima á iniciativa popular para que se multipliquen as solicitudes individuais para que se traduza Twitter ao galego, a través da páxina do centro de traducións da empresa estadounidense. A Mesa tamén expresa a súa preocupación polo retroceso do galego en Twitter. Un estudo de Web Ecology Project no 2009 concluía que o galego ocupaba o posto 21 entre as linguas máis usadas nesta rede social, mesmo por diante do catalán e de máis de cen idiomas que teñen máis falantes que os que hai en Galicia. "Pódese dicir que de xeito pioneiro, era o único idioma non oficial nun Estado que figuraba na listaxe mundial", salienta a Mesa.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS