Hemeroteca web | RSS  RSS     Martes 07.04.2020 Actualizado 21:36
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

A Mesa e outras entidades esixen no Congreso "compromisos específicos" coa diversidade e os dereitos lingüísticos

Asociacións en defensa do catalán, eúscaro, galego, aragonés e asturiano reúnense con parte dos grupos parlamentarios

Comparecencia da Mesa e outras entidades de dereitos lingüísticos  - FOTO: A MESA
Comparecencia da Mesa e outras entidades de dereitos lingüísticos - FOTO: A MESA

SANTIAGO/MADRID. EP  | 11.02.2020 
A- A+

Representantes de entidades sociais pola defensa do catalán, eúscaro, galego, aragonés e asturiano reclamaron este martes no Congreso dos Deputados "compromisos específicos" dos representantes políticos coa diversidade lingüística do Estado e os dereitos dos cidadáns.

A Mesa pola Normalización Lingüística e outras asociacións, como Kontseilua, Plataforma per a Llengua, Iniciativa pel Asturianu e Escola Valenciana, reuníronse este martes con deputados do PSOE, Unidas Podemos, JxCat, PNV, EH Bildu, CUP, BNG e Compromís, para reivindicar o "recoñecemento" da igualdade lingüística do territorio.

Nunha rolda de prensa, presentaron a manifesto 'Igualdade lingüistica: liberdade, pluralidade e democracia', no que instan o Goberno a asumir e adoptar as medidas requiridas polo Consello de Europa con motivo do informe sobre o grao de cumprimento da Carta Europea para as Linguas Rexionais e Minoritarias.

O presidente da Mesa, Marcos Maceira, lembrou que o Goberno ten de prazo ata o 1 de agosto para informar o Consello de Europa das accións que tomará en relación con estas linguas e para paliar os problemas e situacións alertados no informe.

Entre elas, as dificultades na relación coa administración a través de trámites burocráticos, nos procesos xudiciais, ou mesmo en diferentes aspectos do sistema educativo, como o caso da presenza do galego en infantil e o equilibrio co resto de linguas de impartición.

Tamén arremeteron contra a actitude exercida por PP, Ciudadanos e Vox "en contra" da utilización con normalidade destas linguas nalgúns territorios, usando estes problemas como "arma" desde o Congreso dos Deputados, e cualificaron de "auténtica patrañas" que o castelán estea perseguido, a diferenza do que ocorre con outros idiomas no territorio estatal.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS