Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 27.04.2017 Actualizado 18:48
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

A Mesa traslada á RAG o Protocolo de Donostia para a garantía dos dereitos lingüísticos

O documento propón 185 medidas para asegurar a igualdade idiomática

A CORUÑA. EP  | 20.04.2017 
A- A+

A Mesa Pola Normalización Lingüística trasladou á Real Academia Galega (RAG) o Protocolo de Donostia para a garantía de dereitos lingüísticos, un texto que pretende dotar de capacidade de exercicio práctico a este tipo de dereitos.

O presidente da Mesa, Marcos Maceira, e Paul Bilbao, secretario xeral de Kontseilua, reuníronse este xoves co presidente da RAG, Víctor Freixanes, a quen lle presentaron este documento aprobado en Donostia a finais de 2016, e no que tamén participou A Mesa.

Máis dun centenar de entidades que representan a máis de 30 linguas minoritarias europeas subscribiron en San Sebastián o Protocolo para a Garantía dos Dereitos Lingüísticos, que propón 185 medidas para asegurar a igualdade idiomática.

En declaracións aos xornalistas tras o encontro, o presidente da Mesa cualificou de "frutífera" a reunión co seu homólogo na RAG, quen lles trasladou a intención da institución académica para lograr que o texto teña "practica real" e non quede só na parte teórica do mesmo.

APLICACIÓN EN GALICIA

"É un documento internacional que pode ter aplicación concreta no galego", dixo Maceira sobre o texto que inclúe medidas dirixidas aos campos educativo, socioeconómico, novas tecnoloxías ou administracións públicas, entre outros.

Estas medidas, segundo explicou Paul Bilbao, "deberían ser tomadas polos poderes públicos se verdadeiramente teñen unha vontade para garantir os dereitos fundamentais da cidadanía".

"É unha proposta valida para todas as comunidades lingüísticas e agora cada unha delas adáptaa á súa realidade", explicou

Este documento, que se se presentará no Parlamento de Galicia, é o resultado do traballo impulsado polo consello dos organismos sociais do eúscaro, Kontseilua, no marco da Capital Europea da Cultura Donostia 2016.

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS