Hemeroteca web | RSS  RSS     Luns 22.10.2018 Actualizado 21:01
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Miles de persoas protestan en Santiago contra os "recortes" en sanidade e a reforma sanitaria galega

Defensa da Sanidade Pública denuncia o "desmantelamento dos hospitais comarcais" que asegura que suporá a nova Lei de saúde, a situación de "colapso" e o progresivo "proceso de privatización" do I+D+i

Os líderes sindicais e os de En Marea, PSdeG, e BNG na manifestación en Santiago - FOTO: FERNANDO BLANCO
Ver galería
Os líderes sindicais e os de En Marea, PSdeG, e BNG na manifestación en Santiago - FOTO: FERNANDO BLANCO

SANTIAGO. EP  | 05.02.2018 
A- A+

Máis de cinco mil acodes secundaron a manifestación convocada pola plataforma SOS Sanidade Pública en Santiago de Compostela na que se "retou" ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, a que paralice a reforma da Lei de Saúde e manteña un proceso de negociación encamiñado a frear os "recortes" e "privatizacións" na sanidade galega.

A mobilización, iniciada ás 12 do mediodía na Alameda e con presenza de cidadáns das distintas áreas sanitarias galegas e colectivos profesionais, estivo encabezada pola pancarta da plataforma, tras a que se situaron os líderes de En Marea, PSdeG e BNG --Luís Villares, Gonzalo Caballero e Ana Pontón, respectivamente-- xunto cos representantes dos sindicatos CIG, Comisións Obreiras e UXT.

O portavoz da Plataforma, Manuel Martín, denunciou o "desmantelamento dos hospitais comarcais" que asegura que suporá a nova Lei de saúde, a situación de "colapso" rexistrado nas listas de espera e na sanidade galega "no seu conxunto" e o progresivo "proceso de privatización" do I+D+i, cos "chiringuitos que se están montando" de xestión privada.

Nunha praza da Quintana na que aínda entraba a cola da manifestación cando se finalizou a acción de protesta, ao redor das 13,30 horas, a actriz Isabel Risco deu lectura ao manifesto da Plataforma, entre cánticos dos presentes de "este goberno é unha mafia", "recortes na pública, diñeiro para a privada" ou "presidente privatizador", e con presenza de pancartas alusivas a Feijóo, como a portada por veciños da zona da Mariña que situaban a súa fotografía nunha cruz, baixo a frase "o Cristo da neve".

No seu manifesto, a Plataforma instou a Feijóo a que retire a reforma da Lei de Saúde, que se debaterá este martes no Parlamento, por "formar parte dunha estratexia da Xunta de privatizar a atención sanitaria, trasladando a miles de pacientes da sanidade pública á privada", e denunciou que "86 pacientes pasan diariamente da Sanidade Pública á privada" desde a aplicación en xaneiro da derivación dos pacientes á privada.

Nesta liña, no manifesto afírmase que o proxecto de modificación da Lei Galega de Saúde "desmantelará os hospitais comarcais, dificultando o acceso á asistencia especializada á poboación rural", "perpetuará estruturas de xestión integrada que someten á Atención Primaria ás xerencias hospitalarias", "privatizará o I+D+i, acabará coa participación social para o control da Sanidade pública galega que pasará a ser unha pantomima" e "favorecerá a creación de chiringuitos de xestión".

Con estes argumentos como base, a Plataforma esixiu a retirada do proxecto de modificación da Lei Galega de Saúde, que se cumpran os prazos do Decreto Lei de Garantías das prestacións sanitarias e se abra un proceso de negociación polas "consecuencias da deterioración do sistema sanitario público galego, polos recortes e privatizacións".

CONSELLEIRO "AMORTIZADO"
O portavoz da plataforma, Manuel Martín, facéndose eco do "enorme descontento social e profesional que existe co intento de manter os recortes que se produciron nos últimos anos", lanzou o "reto a Feijóo" de manter unha reunión para ver "como paralizar a reforma da Lei e abrir un proceso de negociación no que participe a cidadanía, os profesionais, as organizacións políticas, sindicais e a administración para ver como iniciar un proceso de recuperación dos recortes que se produciron".

Martín agregou que o conselleiro de Sanidade "está amortizado", tras amosar "unha incapacidade tremenda para xestionar a sanidade pública", polo que insistiu en que "o tema está en mans de Feijóo", que é o que "ten que recapacitar".

UNIÓN SINDICAL E DOS PARTIDOS DA OPOSICIÓN
A manifestación secundada por colectivos cidadáns e profesionais, e que concluíu entoando o Himno galego, escenificou a unión sindical e dos grupos da oposición en torno ás reivindicacións sanitarias da Plataforma.

Luís Villares, portavoz de En Marea, precisou que "a resposta masiva da cidadanía, incluso a que votou ao PP" reflicte que está "farta das listas de espera, dos colapsos de urxencias", das derivacións "á privada", e que non se resigna a "que lle supriman as áreas sanitarias, a que non haxa médicos ou lles quiten especialistas dos hospitais comarcais".

Pola súa banda, o secretario xeral do Partido Socialista en Galicia, Gonzalo Caballero, tachou de "fracaso" as políticas sanitarias de Feijóo, por implicar "danos para unha cidadanía que quere unha sanidade pública, gratuíta, de calidade e próxima". "Galicia está hoxe contra as políticas sanitarias de Feijóo, que ten que tomar nota para corrixir a precarización do emprego, a supresión das áreas sanitarias ou a redución de servizos, Galicia quere unha política sanitaria do século XXI", engadiu.

Da "deterioración" na sanidade pública tamén falou a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, que denunciou o "recorte" en "máis de 3.000 profesionais ou 700 camas" nos últimos anos, "con repagos" e con "aumento das listas de espera", e argumentou que o PP e Feijóo usan "a maioría absoluta contra as persoas deste país", como un "cheque en branco" para "converter a sanidade nun negocio para uns poucos".

Desde o ámbito sindical abundouse nos argumentos expostos pola Plataforma. Así, o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, apelou a "evitar que rouben a sanidade pública" aos cidadáns, cun Partido Popular ao que acusou de pór de "escusa" a reforma da Lei de Saúde para "seguir nese calendario perverso de privatización". "Non podemos permitirnos esta entrada a saco do PP con fondos de investimento e empresas privadas a facer da saúde un negocio", agregou.

Pola súa banda, Ramón Sarmiento, secretario xeral de CCOO en Galicia, instou a Feijóo a que reformule a súa postura coas áreas sanitarias, que a Xunta se faga "eco" do "inmenso respaldo dos traballadores da sanidade en defensa da sanidade pública, en urxencias, en atención primaria e en hospitais".

Desde o sindicato UXT describiuse unha sanidade galega marcada pola súa "deterioración" con "urxencias colapsadas, falta de camas", acusando á Xunta de Galicia de aplicar "reformas unilaterais con obxectivo claro de avanzar cara a un modelo privatizador", en declaracións de José Antonio Gómez, o seu secretario xeral en Galicia.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS