Hemeroteca web
|
RSS
Domingo 19.05.2013
| Actualizado 17.06
a Ruta de Manuel Antonio, porque tamén foi pública e notoria esa miña deserción. Estaba programada polo Sr. Agrelo de Isorna, igual ca de Faustino Rey Romero. A mín. ilusionoume moito porque Manuel Antonio é un dos tres grandes Rianxeiros que menos transcendencia tivo popularmente. Porque tamén é un dos de máis difícil lectura e comprensión. Hoxe, sen embargo, contamos cos estudios realizados por Xosé Luis Axeitos que o fixo moito máis asequible a moita xente que non contamos cunha preparación tan profunda, anque teñamos escrito algo sobre el e a súa obra.
Ben. Un servidor preparou dous poemas que me pareceron importantes: O soneto “A cantiga de María”, que a miña imaxinación asociou cunha desas posibles aldeás que, pola festa de agosto, regresan á casa entoando cancións populares; que, incluso, tempos despois recordan eses escasos momentos felices, incluíndo, como o poema de Manuel Antonio di “Aturuxos dos sátiros ruraes/, alá no fundo: risas venusinas/ e descubertas. Amores brutaes/ e femias inconcentes de divinas”. Eses amores brutais que, na miña nenez, chamaban amores de prados ou de corredoiras e que, pasado “ese momento de pracer venusino”, a femia devén e solteirona con fillos que manter. Logo, nas duras faenas campesiñas e de labrantías, xorden ao lonxe esas cancións dunha muller enganada, cuxo macho non cumpriu coa súa obriga de casar. De neno e mozote, escoitei moitas faladurías dese tipo, “moitos triunfais aturuxos de mozos que viñan das mozas”. Por iso, me ilusionaba recitar este poema diante da casa de Asados onde viviu Manuel Antonio
Estaba previsto que nos xuntaramos na Praza de Manuel Antonio en Asados ás 5 da tarde, para comezar ás 5,30 h coa actuación de Santos Suárez. Pero por agardar polas autoridade locais, comezou hora e media despois. Dei moitas voltas arredor do Cruceiro da Praza, canso de tanto estar de pé e irritado, porque ademais, ás 8 h desa tarde, tiña outro compromiso en Rianxo. Menos mal que Sther Carrodeguas tomou a iniciativa de comezar, con o sen autoridades. Nese meu estado de ánimo, tatexei o primeiro poema, contras sol de fronte que me cegaba, ruído de coches, sen megafonía, suoroso... Sentín tal vergoña que decidín retirarme. E así o fixen. Carlos Gey, vice-Alcalde de Rianxo, veume tan excitado que detivo o seu auto: “non convén que conduzas así: ven conmigo”. Negueime: “teño o coche aí”. “Conduce con coidado, replicou!
De cumprirse o horario previsto, eu tería tempo para todo e cumpriría, non só con Manuel Antonio indo á Pesqueira, onde tiña preparado o soneto titulado “Sol de Libertade”, senón que me premiaría intimamente recordando que, de neno bañábame alí con outros rapaces de Carballal (O Araño) e da Devesa, Marquesa, Camporribeiro, etc. pola parte de Asados. Honraría a Manuel Antonio como prometera, e desfrutaría do premio persoal recordando tempos idos que xa non volverán. Calculei que dúas horas abondarían para a andaina Manuelantoniana e daríame tempo a estar en Rianxo sobre as 8 h. dese serán e todos satisfeitos; pero... a informalidade e impuntualidade deron ao traste con toda a miña ilusión. Laméntoo!
