Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Sábado 18.05.2013  | Actualizado 00.45

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Santiagoteespera.com
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

recoñece a mala praxe

O ministro Luis de Guindos afirma que nunca se terían que vender preferentes a aforradores

O Goberno negocia con Bruxelas a mellor solución posible para estes investidores

MADRID. EP  | 03.07.2012 
A- A+

O ministro de Economía e Competitividade, Luis de Guindos, asegurou este martes que nunca se terían que comercializar participacións preferentes entre pequenos e medianos aforradores e que o Goberno negocia con Bruxelas a mellor solución posible para estes investidores.

Guindos dixo que moitas entidades substituíron as preferentes por outros produtos financeiros pero que aínda está pendente o troco das entidades que as comercializaron e que foron intervidas polo Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB): Bankia, Catalunya Caixa, NCG Banco e Banco de Valencia.

O titular de Economía e Competitividade explicou que a estas entidades financeiras, que con toda probabilidade recibirán capital do fondo de rescate europeo, se lles aplicará a normativa de axuda de Estado, polo que calquera solución aos investidores de preferentes terá que ser negociada con Bruxelas.

Guindos resaltou que España negocia con Bruxelas "a mellor solución posible para os efectos de que o impacto nos tenedores de preferentes sexa o menor posible". O ministro fixo estas declaracións tras o seu discurso nos almorzos informativos de Europa Press.

Entrementres, a Fiscalía Superior de Galicia presentará esta semana a demanda civil colectiva pola comercialización de preferentes de Novagalicia Banco, que é resultado da revisión de 1.700 contratos con clientes das antigas caixas. Así, nos próximos días rexistrarase a documentación nun xulgado de A Coruña, onde a entidade ten a súa sede.

O banco galego ten 43.000 clientes cos seus aforros atrapados neste tipo de produtos, por unha contía que supera os 960 millóns de euros.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS