Hemeroteca web | RSS  RSS     Domingo 26.04.2020 Actualizado 00:00
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

adeus ao galeguista, intelectual e artista

Morre Isaac Díaz Pardo aos 91 anos de idade

Isaac Díaz Pardo nunha imaxe do pasado ano nas instalacións de Correo TV - FOTO: IRIA MARTÍNEZ
Ver galerías (5)
Isaac Díaz Pardo nunha imaxe do pasado ano nas instalacións de Correo TV - FOTO: IRIA MARTÍNEZ

SANTIAGO  | 05.01.2012 
A- A+

O intelectual galeguista, pintor, ceramista e deseñador Isaac Díaz Pardo faleceu este xoves aos 91 anos de idade no Hospital San Rafael na cidade da Coruña.

Segundo confirmaron a Europa Press fontes do hospital coruñés, o intelectual galeguista, que naceu en 1920 en Compostela, faleceu na mañá deste xoves no centro hospitalario e os seus restos mortais serán trasladados ao tanatorio Servisa, na cidade herculina.

Isaac Díaz Pardo naceu o 22 de agosto en Compostela en 1920 e a súa educación estivo marcada polo contacto con destacados intelectuais galeguistas do momento, como Castelao, Cabanillas, Ramón e Antón Vilar Ponte, e Vicente Risco.

Participou dende 1936 activamente na campaña a favor do Estatuto de Autonomía. Cultivou, entre outros xéneros, o ensaio e a crítica, ademais de dedicarse á pintura e outra facetas.

Pola súa dilatada traxectoria recibiu numerosas distincións e recoñecementos, entre eles un dos Galego do ano, promovido polo GRUPO CORREO GALLEGO. Tamén recibiu a Medalla de Ouro e Fillo Predilecto da cidade de Santiago de Compostela (1988), Premio Otero Pedrayo das Diputacións Provinciais (1990), Insignia de Ouro (1991) e Doutor Honoris Causa (1992) pola Universidade de Santiago de Compostela, Premio Trasalba de la Fundación Otero Pedrayo (1993), Vieira de Prata do Padroado da Cultura Galega de Montevideo (1995) e en 2009 a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes de España, entre outras.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS