Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 17.08.2018 Actualizado 11:06
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Morre un operario ao caer desde un décimo cuarto piso cando reparaba un ascensor na Coruña

A CORUÑA. EP  | 08.02.2018 
A- A+

Un operario de 47 anos de idade faleceu na tarde do mércores ao caer desde un décimo cuarto piso a plataforma do ascensor que reparaba na Coruña.

Segundo informou o 112 Galicia, os feitos ocorreron no número 2 da rúa Ramón Pérez Costais sobre as 19,15 horas, na cidade herculina.

Nese momento, un compañeiro do traballador contactou co 112 Galicia para informar do ocorrido e indicou no seu relato que a persona atopábase atrapada polos ferros e inconsciente.

Por iso, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia informou do sucedido a Urxencias Sanitarias, á Policía Nacional, a Protección Civil e aos Bombeiros da Coruña.

Unha vez no edificio, os efectivos sanitarios non puideron facer nada por salvar a vida do operario, que faleceu no lugar do accidente laboral.

O 061, indicaron a Europa Press fontes sanitarias, enviou ao lugar unha ambulancia medicalizada, cuxo persoal sanitario confirmou o falecemento do home, O.M.S.S., de 47 anos.

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS