Hemeroteca web | RSS  RSS     Mércores 22.11.2017 Actualizado 19:21
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

O Movemento Galego de Saúde Mental denuncia "graves deficiencias" na unidade psiquiátrica do HAC

Critican a falta de persoal e espazos axeitados, e reclaman unha unidade de trastornos de alimentación

VIGO. EP  | 24.11.2015 
A- A+

O Movemento Galego de Saúde Mental (MGSM), integrado por profesionais sanitarios, sindicatos, colexios profesionais e asociacións, denunciou este martes as "graves deficiencias" da Unidade de Hospitalización Psiquiátrica do Hospital Álvaro Cunqueiro, e que afectan á dotación estrutural, de persoal e proxecto asistencial.

O voceiro do MGSM, Miguel Anxo García, lamentou que a posta en marcha desta unidade, tal e como se fixo, supuxo unha "perda de oportunidades", xa que se"ignorou" o criterio dos profesionais, tanto no deseño e organización, como na posta en marcha do servizo.

Así, sinalou que a estrutura do HAC presenta problemas como carencia de acceso a espazos exteriores, espazos que non respectan a intimidade e dignidade dos pacientes, ausencia de zonas para actividades grupales dirixidas terapeuticamente, cuartos de baños similares aos "de cárceres de alta seguridade", ou elementos que comprometen a seguridade de pacientes e sanitarios.

Por outra banda, indicou que as unidades de hospitalización xa alcanzaron o "tamaño máximo desexable", con 62 camas, mentres que hai unha escaseza notoria de persoal. Segundo o criterio do MGSM serían necesarios, polo menos, outros dous psiquiatras e 3 ou 4 psicólogos clínicos máis, ademais dun terapeuta ocupacional e traballadores sociais.

Neste escenario, Miguel Anxo García denunciou que o proxecto asistencial resulta prexudicado, ao sufrir as limitacións de espazo e de persoal. Nese sentido, denunciou un dos problemas máis "graves", como é a "insistencia" en reducir a estanza media dos ingresos, "prefixando" os tempos dunha forma "temeraria".

MÁIS UNIDADES

Alberte Araúxo, psiquiatra do CHUS e membro do Movemento, fixo fincapé na necesidade de que se habilite na área de Vigo unha unidade de saúde mental infanto xuvenil, "e non só as catro camas anunciadas". "Iso non é unha unidade, ten que ter polo menos 7 camas, e dotarse de recursos", sinalou.

Do mesmo modo, incidiu en que é "fundamental" a creación no Chuvi dunha unidade de trastornos alimentarios porque moitos mozos están a marchar a centros privados, e fóra de Galicia".

En definitiva, o MGSM denunciaron que "parece que as unidades de hospitalización psiquiátrica estivesen determinadas pola ignorancia sobre os seus usuarios (*) e por motivos estraños á súa finalidade sanitaria".

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS