Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 21.20

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

programa de Xunta e Cruz Vermella

Na procura da incorporación social de 2.000 persoas sen teito en Galicia

21.02.2012  Coordinarase o traballo dos equipos técnicos radicados nos municipios de A Coruña, Lugo, Ourense, Vigo e Santiago de Compostela

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

SANTIAGO. EP

Un indixente nunha rúa de Compostela FOTO: SANDRA CUIÑA
Un indixente nunha rúa de Compostela
FOTO: SANDRA CUIÑA

A Consellería de Traballo e Benestar investirá unha partida de 150.000 euros para financiar un programa, en colaboración coa Cruz Vermella, que pretende dar apoio a preto de 2.000 persoas sen teito ou en situación de vulnerabilidade extrema en Galicia.

Segundo explicou nun comunicado o departamento da Xunta, este programa busca a incorporación social das persoas sen fogar mediante accións que aborden os distintos ámbitos de intervención e aseguren a coordinación dos servizos sociais e das administracións con competencias nesta materia.

Así, coordinarase o traballo dos equipos técnicos radicados nos municipios de A Coruña, Lugo, Ourense, Vigo e Santiago de Compostela con accións dirixidas a detectar patoloxías mentais, alcoholismo e outras adiccións sufridas polas persoas sen fogar.

O traballo tamén estará coordinado en canto á información e derivación dos usuarios cara aos servizos pertinentes; o asesoramento social e legal que se proporciona; e as accións para desenvolver as competencias persoais, sociais e laborais que favorezan o proceso de inserción individual.

Este programa, que está en marcha dende o ano 2001, está enmarcado dentro das actuacións do II Plan Galego de Inclusión Social 2007-2013, cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE).

AXUDAS AOS NECESITADOS

A Consellería de Traballo e Benestar tamén destacou que, para evitar que os efectos da crise recaian sobre os máis débiles, este ano aumentou as partidas da Renda de Inclusión Social (RISGA) en 3 millóns de euros, ata chegar aos 25,2 millóns de euros, o que supón un incremento do 13% respecto a 2011.

Así mesmo, esta partida segue figurando como crédito ampliable, o que implica que queda establecida na lei que os fondos iniciais se incrementarán en función das necesidades para dar cobertura a todo aquel que cumpra cos requisitos.

No caso das Axudas de Emerxencia Social (AES), aumentan en máis dun 3 por cento, ata chegar aos 3 millóns de euros. Tamén a orde de albergues e comedores terá en 2012 un presuposto de 2 millóns de euros, un 29,3% máis que en 2011.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS