Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 17.01.2019 Actualizado 13:27
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Nace en Londres o Galician Filme Forum coa proxección de 'Encallados', de Alfonso Zarauza

SANTIAGO. E.P.  | 17.02.2015 
A- A+

A comunidade galega en Londres porá en marcha o próximo 20 de marzo o Galician Filme Forum (GFF), unha iniciativa de difusión do cinema galego que se abrirá coa proxección de 'Encallados', de Alfonso Zarauza.

O evento, que terá lugar no King's College London, consistirá na proxección desta longametraxe, así como de dous curtos --'Curricán', de Alvaro Gago e '1977', de Peque Varela--. A continuación, os asistentes poderán conversar con Alfonso Zarauza e algúns dos actores de 'Encallados', que asistirán por videoconferencia.

O Galician Filme Festival conta coa colaboración do Departamento de Estudos Españois, Portugueses e Latinoamericanos do Kings College de Londres e coa participación de Belén Vidal, profesora de Filme Studies desta universidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS