Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 18.10.2018 Actualizado 20:34
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

ural

Nace a Federación Rural Galega como alternativa ó SLG

Ex membros do sindicato nacionalista fundan en Lugo o Fruga, que suma 600 asociados

AXENCIA   | 29.11.2009 
A- A+

Ó Sindicato Labrego Galego (SLG) saíulle competencia desde a órbita do nacionalismo: vinte entidades e asociacións agrogandeiras e forestais constituíron onte en Lugo a Federación Rural Galega (Fruga), que presidirá o ex dirixente do propio SLG e en 2007 rival de Carme Freire polo liderado do Sindicato, Xurxo Álvarez. Nun acto con máis de 200 participantes, elixiuse ós 57 membros da súa xunta directiva, entre eles ex responsables e afiliados do SLG como Manuel Dacal, Elías Somoza, Xosé Manuel González Vilas ou Mar López.

Á cita acudiron ex altos cargos de Medio Rural co Bipartito, como Emilio López, Milucho, que de fundar o SLG, tras deixar a delegación da consellería en Lugo, tivo que loitar para reincorporarse ó sindicato; o ex delegado en Ourense, Xosé Rodríguez Cid; e os ex directores xerais Xosé Carballido e Antonio Oca. O presidente de Fruga asegurou en declaracións a Europa Press que "a federación suma entre 500 e 600 asociados, vinculados ás vinte entidades e asociacións que onte se fusionaron" para traballar "de forma máis coordinada".

Integrado por persoas da órbita da UPG

A Federación Rural Galega nace para lles prestar asesoramento técnico e servizos a explotacións agrogandeiras e propietarios forestais, e pronunciarase sobre temas como a crise láctea, que ten sumido ó agro galego nunha profunda crise. Non obstante, os seus promotores non esconden a súa implicación política: Manuel Dacal apuntou a Europa Press que "hai militantes da UPG", a Unión do Povo Galego maioritaria no BNG. Recentemente dixera que "o SLG é auga pasada para algúns, aínda que outros conviven nel". Non obstante, todos eles cren que veñen encher un baleiro.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS