Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 21.20

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

O negocio internacional catapulta o beneficio de Gas Natural Fenosa

21.02.2012  Gañou 1.325 millóns en 2011, que supón un incremento do 10,3%

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

MADRID/A CORUÑA. EP

Gas Natural Fenosa obtivo un beneficio neto de 1.325 millóns de euros en 2011, o que supón un incremento do 10,3% en comparación co exercicio precedente, malia contabilizar unhas menores plusvalías pola venda de activos, informou este martes a compañía á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).

A compañía achacou este crecemento ao "forte" crecemento da actividade internacional de comercialización de gas, ao desenvolvemento da actividade en Latinoamérica e á captura das sinerxías derivadas da integración de Unión Fenosa.

Ademais, segundo sinalou, a redución da débeda e a contención dos gastos financeiros contribuíron a compensar as menores plusvalías rexistradas o ano pasado pola venda de activos.

A cifra de negocio de Gas Natural Fenosa creceu un 7,4% en 2011, ata sumar 21.076 millóns de euros, en tanto que o beneficio bruto de explotación (Ebitda) alcanzou os 4.645 millóns de euros, un 3,8% máis.

O consello de administración proporá á xunta xeral de accionistas unha remuneración ao accionista con cargo aos resultados de 2011 de 821 millóns de euros, un 10,7% máis que o exercicio anterior.

O grupo destaca o crecente peso da internacionalización sobre o seu negocio. O 40% do Ebitda procede xa dos negocios internacionais, despois de rexistrar un incremento do 10% durante o exercicio, grazas á comercialización de gas e á mellora da actividade en Latinoamérica.

Os investimentos de Gas Natural Fenosa alcanzaron 1.514 millóns de euros, un 2,5% menos que no exercicio anterior, debido á finalización do programa de construción de ciclos combinados de gas. Durante o ano aumentaron un 21% os investimentos en negocios regulados de gas.

O descenso nos investimentos e a mellora das ganancias contribuíron a unha redución da débeda nun 9,5%, ata 17.294 millóns de euros. O ratio de endebedamento pasou do 59,6% ao 54,5% e, se se desconta o déficit de tarifa que financia a empresa, de 1.231 millóns, a débeda neta ascendería a 16.063 millóns, cun ratio de endebedamento do 52,7%.

DISTRIBUCIÓN DE GAS

O Ebitda da actividade de distribución de gas en España descendeu un 2,1%, mentres que en Latinoamérica esta variable rexistrou unha caída do 2,2%. En Italia produciuse un crecemento do 5,4%.

En canto ao negocio da electricidade, a distribución en España procurou un Ebitda da actividade regulada de 680 millóns de euros, o que implica un incremento do 5,4% con respecto ao exercicio anterior.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS