Hemeroteca web | RSS  RSS     Martes 14.08.2018 Actualizado 19:39
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

A neve deixa sen clase a máis de 660 alumnos de 24 centros educativos da provincia de Lugo

SANTIAGO. EP  | 06.02.2018 
A- A+

A presenza de neve na rede viaria galega impediu este martes acudir ás aulas a 667 alumnos de 24 centros educativos da provincia de Lugo, dos cales tres suspenderon as clases.

Segundo os datos facilitados pola Consellería de Educación, este martes foron suspendidas as clases, como xa sucedeu o luns, no CEIP Santa María e no IES Plurilingüe Fontem Albei no municipio da Fonsagrada, con 88 e 96 estudantes afectados, respectivamente.

Ademais, este martes tamén se suspenderon as clases no CEIP Antía Cal Vázquez do termo municipal de Muras, con nove alumnos afectados, segundo os datos de Educación.

Tamén a neve impediu chegar ás aulas a estudantes de centros dos municipios lucenses de Mondoñedo, A Pontenova, Abadín, Castroverde, Meira, Monterroso, A Pastoriza, Riotorto, Vilalba, Baleira, Becerreá, Cervantes, Navia de Suarna, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro e Samos.

Este martes a montaña de Lugo ten aviso amarelo até as 15,00 horas por acumulacións de neve superiores ao cinco centímetros nunha xornada na que continua a presenza de aire frío pero escasa precipitación en Galicia, coa cota de neve por baixo dos 500 metros.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS