Hemeroteca web | RSS  RSS     Mércores 17.10.2018 Actualizado 18:49
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

A neve dificulta a circulación e provoca incidencias en vías de Ourense e Lugo

SANTIAGO. EP  | 09.01.2018 
A- A+

As nevadas rexistradas con especial intensidade nas zonas de montaña de Lugo e Ourense dificultan a circulación en varias estradas e provocaron incidencias puntuais nas vías.

A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) recolle na súa páxina web varios avisos e constata, por exemplo, que a circulación está condicionada pola neve na A-52, desde o quilómetro 140 na Gudiña ao quilómetro 113 na Mezquita, en ambos os sentidos.

Este tramo da A-52, segundo a DXT, é transitable con precaución, aínda que estivo cortada para vehículos que non leven cadeas ou pneumáticos de inverno. Tamén en Ourense hai un corte total en ambos os sentidos na estrada provincial OU-0807, no quilómetro 7,3 en San Vicente de Leira.

Do mesmo xeito, na estrada LU-633, á altura de Pedrafita do Cebreiro, desde o quilómetro 0 ao quilómetro 17, a circulación está condicionada en ambos os sentidos por mor da nevada.

Pola meteoroloxía adversa, esta vez por ventos, a DXT informa de circulación irregular na A-8, á altura de Mondoñedo (Lugo), en ambos os sentidos desde o quilómetro 536 ao quilómetro 552.

Finalmente, hai retencións por un accidente rexistrado na N-634, á altura de Cruz do Lobo, en Lugo.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS