Hemeroteca web | RSS  RSS     Martes 25.09.2018
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

A neve dificulta a circulación en varias estradas de Ourense

Deixa sen clase a 413 alumnos de 17 centros educativos da provincia

Imaxe da DXT do Padornelo este luns pola mañá - FOTO: DXT
Imaxe da DXT do Padornelo este luns pola mañá - FOTO: DXT

SANTIAGO. EP  | 05.03.2018 
A- A+

A presenza de neve dificulta a circulación en diversas estradas da provincia de Ourense, como a OU-112, onde son necesarias cadeas en Casaio, e a N-120, ademais da autovía A-52.

Segundo os datos da Dirección Xeral de Tráfico (DXT), a presenza de neve afecta o tramo entre os quilómetros 20 e 26 da OU-122 á altura de Casaio (Ourense).

Nese tramo en ambos os sentidos está prohibida a circulación de camións e vehículos articulados, así como autobuses, e é obrigatorio o uso de cadeas ou pneumáticos de inverno.

Tamén pola neve está condicionada a circulación na estrada N-120 entre os quilómetros 437 e 472 na provincia de Ourense, onde a DXT advirte de pavimento deslizante no que se debe transitar "con precaución".

NENOS SEN CLASE

A presenza de neve na rede viaria galega impediu chegar ás aulas este luns a 413 estudantes de 17 centros educativos da provincia de Ourense, dos cales seis suspenderon as clases.

Segundo os datos facilitados pola Consellería de Educación a Europa Press, suspenderon as clases este luns por mor da neve os centros CEIP Xoaquín Lourenzo Xocas e o IES Aquis Querquernis de Bande; o CPI Plurilingüe Laureano Prieto da Gudiña, o CEIP Augusto Assía da Mezquita, o CEIP das Vendas da Barreira en Riós e o CEIP de Vilariño de Conso no municipio de Vilariño de Conso.

Ademais, resultaron afectados estudantes de centros educativos doutros municipios ourensáns como Os Blancos, Laza, Muíños, Verín, Vilardevós, Xinzo de Limia, Castro Caldelas, A Pobra de Trives, Viana do Bolo e A Rúa.

Durante este luns 5 marzo hai aviso amarelo toda a xornada na montaña de Ourense por acumulacións de neve superiores ao cinco centímetros en 24 horas.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS