Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Mércores 19.06.2013  | Actualizado 13.49

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

LUCERNA DA PORTELA

Noite máxica

Noticias relacionadas

XOSÉ M. LOBATO MARTÍNEZ  | 19.09.2012 
A- A+

O venres 21 de setembro, no mesmo fusco lusco, a Asociación cultural mestre Manuel Gacio organiza a benvida do equinoccio de outono no cumio do Pico Sacro. Será un acto de oralidade, onde se pretende render homenaxe á experiencia e historia desta contorna e das súas xentes.

 

Entropía na oseira do Pico, os restos óseos dos devanceiros nesta data reclaman a súa manda nos avances da física cuántica; materia inmaterial, aceleración de partículas existentes ou imaxinarias, encontro místico co infinito e bulicio no antagónico infinito.


O cuanto, ente fuxidío que ousa superar a calquera desprazamento luminoso dunha fogueira enxebre de mestura milagreira, o correr místico do lume aceso nun curruncho do cumio sagro, unha beizón este reducido adro da capela do Pico.


As chamas da larada son o axioma da clarividencia, onde o equinoccio funde nunha aperta de absoluta paridade a parellas de marcados contrastes; día e noite, sombra e luz, resplandor e penumbra, atípicos dúos danzantes inmersos nunha pregaría diabólica.

 

Luminaria escorrentada dos estraloques da combustión ósea, efémera visión dunha luminosidade que se esvaece no ar con toda a súa grandiosidade, deixando á multitude afectada do pampo relaxante do alegórico analxésico, este é o lume venerable que debe enraizar neste altar pétreo.


No alto un carrusel sonoro atrapa con intensa paixón unha tormenta de sensacións, unidas nun feixe de orixe natural, asubía con mestría o vento no seu alento de norte a sur pola gran rúa da raíña Lupa, a cova dos mouros achega con claridade o canto da ninfa cincenta de espírito moura, lóstrego cegante no reverberar da nómade morada da romaxe ullán.

 

Suspiros, latexos, laios e agarimos xorden do interior da capela, os augurios de tormenta no murmurio agarimoso de dous namorados antagónicos non logran frear os seus instintos máis básicos, mentres os milleiros de doentes afectos a rituais barullan arremuiñados sobre a ara do desaparecido cruceiro, mais a sensibilidade musicada das lapas da fogueira ioniza o tridente milagreiro, formado pola fonte e as dúas centenarias sobreiras.


Trobar do lume é ese doar de xenerosidade, consegue acougar e amansar aos espíritos inquedos, pola intercesión da pureza acuosa e a seriedade das nobres árbores.

 

Mais cantar, trobar e contar, saben moito os reunidos no coro da fogueira. Contan os rapaces e contan os non tan rapaces, todos eles son afectados, intoxicados polos encantamentos e misterios que forman parte do Pico.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS