Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Martes 21.05.2013  | Actualizado 17.42

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Non calar: a mellor arma contra a corrupción

PLÁCIDO LIZANCOS SANTOS  | 11.06.2012 
A- A+

Contra a corrupción do poder. A liberdade de prensa non é unha situación a medias tintas senón unha situación obxectiva.

 

Situémonos no lugar do poder cando unha voz libre se ergue para formular algún reproche ou para fomentar algunha denuncia, o poder deféndese con esta reflexión simple “Por que se enfatizan os nosos erros cando somos tamén autores de tantos acertos?”. Pero o poder esquece axiña a enumeración periodística das súas inauguracións e discursos; só lle preocupa ese sinal negativo que a prensa marcou sobre o seu rostro. É o único que ve, o único que o atormenta, o detalle que deposita nel a tentación de amordazar ó medio insolente que se atreveu a o denunciar.

 

Daquela, contido pola imposibilidade de violentar as regras de xogo democráticas, o poder esfórzase por contrarrestar de algún xeito ese testemuño negativo. Como o facer? Usan a propaganda ó máximo.

 

Pero o efecto da propaganda, por brillantes que sexan os seus recursos, é un efecto fugaz.

Cando os representantes se valen da propaganda para distorsionar unha imaxe que non é real en tanto que os medios poñen ó descuberto a verdadeira cara da realidade, o poder comeza a insinuar que a prensa é parcial e velenosa.

 

É entón cando os representantes do Estado soen reaccionar contra os medios de comunicación. É daquela cando, convencidos de que a súa propaganda é a única verdade, séntense con dereito a amedrentar, a ameazar e ata sancionar, crendo que a pesar de todo a liberdade de expresión segue sendo respectada.

 

Un dos maiores riscos que axexa a quen pretenden asumir con plenitude a liberdade de prensa é a obriga de non calar. O prezo da palabra é tamén con frecuencia un prezo que soe arrasar coa nosa comodidade e cada vez que desairamos ó poder expoñendo as súas imperfeccións, o poder, supón que estamos alzándonos contra el e tentamos subverter a orde das maiorías.

 

O argumento principal da prensa é que non hai democracia sen liberdade; porque toda a liberdade involucra o dereito ó testemuño, a disensión e á crítica. Cando a prensa é libre, ela constitúe por si mesma un sinal da existencia da democracia e unha salvagarda das institucións.

A responsabilidade do periodista vai máis alá, de reflectir os feitos obxectivamente e máis alá, por suposto, das consecuencias que derivan cando eses feitos son deformados. Porque a liberdade do xornalista non só se mide polo que di.

 

Poñámonos por un momento no lugar do Poder. Por tolerante que este sexa. Toda crítica provócalle receo e incomodidade. Lembramos o caso de Nixon en Watergate ou affaire dos diamantes doados por Bokassa, prefiren o silencio á denuncia.

 

E ese temor é lóxico. Porque negarse ó silencio soe ser a arma máis eficaz para conter a corrupción do poder.

 

Aí está o célebre caso de Emile Zolá, cuxo “j’accouse”, salvou a Dreyfus da cadea de prexuízos que o enterraran en vida nunha prisión da Guayana francesa.

 

Os periodistas teñen na súa pluma –previa, por desgraza a autocensura- o poder de cambiar a corrupción que padecemos a todos os niveis, de xefes, subxefes e xefecillos...

 

A lista dos que derrotaron o silencio é infinita. Non son heroes. Cumpriron co seu deber.


Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS