Hemeroteca web | RSS  RSS     Martes 27.09.2016 Actualizado 19:15
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

PORTA DE PALLA

O noruego Breivik

XOSÉ M. RIVAS TROITIÑO  | 02.08.2011 
A- A+

Aínda que a Biblia parece defender os extremos nunha pasaxe da Apocalipse (porque es morno, non es frío nin quente, vomitareite), as sociedades abertas están coa Etica de Aristóteles: no centro está a virtude.
Noruega e os países nórdicos practican como sociedade ese equilibrio e moderación que se asigna ao centrismo político, con cabida para todos e exclusión das imposicións e intolerancias. Aínda que xa Larsson alertara de extremismos, xenofobias e fundamentalismos.
Agora Breivik puxo ao descuberto as contradicións e miserias desta sociedade europea. Resultaba moi fácil atribuír os males ao fundamentalismo islamita. Mesmo atisbar por que o máis alá resultáballes tentador. Vladimir Bartol fíxoo en Alamut, ridiculizando a manipulación das huríes e a droga. Era tanto o odio como que non tiñan nada que perder máis que a vida.
Breivik desmontou que iso sexa só problema de parte do Islam. El tiña que perder, segundo os criterios occidentais da economía como referencia. Pero o odio, o mesmo odio doutro lado, foi igual de poderoso.
Os extremismos son igual de perigosos para a convivencia. Os de esquerda parecen agora menos activos, a diferenza dos de dereita. No caso de Breivik sorprende que se declare lector de Kant e non siga o seu imperativo categórico: non fagas aos demais o que non queres que che fagan a ti. E alerta, tamén eiquí.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS