Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 21.20

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

ENERXÍA

Nova lea eólica

25.03.2011  Guerra ve blindado o concurso popular tras a sentenza do TSXG que avala o anterior do bipartito ·· Defende a súa derrogación e nega unha nova parálise no sector

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN . SANTIAGO

O desenvolvemento do sector eólico galego volve estar inmerso na polémica tras a sentenza do TSXG FOTO: RAMÓN ESCUREDO
O desenvolvemento do sector eólico galego volve estar inmerso na polémica tras a sentenza do TSXG
FOTO: RAMÓN ESCUREDO

O sector eólico non sufrirá un novo parón tras a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), que avala o decreto aprobado en decembro do 2007 polo bipartito e anulado pola actual Xunta popular. Este é o compromiso do conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, que onte volveu defender a derrogación do decreto eólico promovido polo BNG amparándose no ditame do Consello Consultivo de Galicia, que suxería unha "tacha de legalidade directa e infranqueable" na previsión de participación pública nos parques eólicos que se reservaba o anterior documento. A eléctrica Enel Green Power que, segundo recolle a sentenza, "non re­sultou adxudicataria de nin­gún dos 584 Mw ós que aspiraba", impugnou o decreto do Bipartito pola vía contencioso-admin­sitrativa presentando 16 argumentos xurídicos que foron tombados polo tribunal. Entre os puntos cuestio­nados por Enel e desesti­mados polo TSXG está a participación pública no capital social das empre­sas solicitantes recollida no decreto do Bipartito, xustificada a ollos do tribunal que entende que dita previsión "representa unha opción válida", admiti­dá na Lei de Patrimonio da Comunidade Autóno­ma de Galicia, e constitúe "unha opción lexítima" na orientación da política económica.

Os 6.500 Mw, autorizados en 2012

"Galicia vai ter autorizados 6.500 megawatts de potencia eólica en 2012", sentenciou o conselleiro de Industria, quen ve perigar o texto promovido dende a súa consellería. "Non é un recurso contra a nova lei nin contra o desenvolvemento do sector eólico", aclarou Guerra, quen fixo fincapé en que a sentenza do TSXG "non modifica en absoluto o proceso de desenvolvemento do sector eólico que está permitindo a Galicia recuperar o liderado perdido nos meses anteriores".

A sentenza do TSXG foi acollida dunha forma totalmente oposta por BNG e PSdeG, que esixiron responsabilidades políticas pola derrogación e substitución dun texto "válido e totalmente legal". A este respecto, o ex concelleiro de Industria e promotor do decreto eólico bipartito, o nacionalista Fernando Blanco, advertiu de "vicios de legalidade" na resolución do novo texto da Xunta -como a "alteración das bases"- e afirmou ter serias sospeitas de que pode ser declarada nula. O nacionalista manifestou un sentimento "agridoce" polo ditame do tribunal, porque, por unha banda, dálles a razón pero por outro supón unha "paralización" do sector eólico polo que foi un "interese partidario e electoral" do PP. Ademais de insitir nun novo parón eólico, o PSdeG alertou onte de que a decisión do TSXG terá "custos importantes" que a Xunta deberá asumir, dado que as empresas adxudicatarias do anterior concurso terán agora que "ser indemnizadas". Así, apuntou que os custos de presentación dos proxectos sitúanse en torno ós 30.000 euros por cada empresa, se ben precisou que non se sabe "cantas empresas van reclamar".

Descarta un aumento de gastos

Guerra respondeu ás críticas da oposición, acusándoa de facer "un uso torticeiro" da información para xerar confusión. Sobre a petición de dimisión, Guerra sinalou que "non está previsto" nin "pensou" en facer ningún cambio no seu departamento, porque a consellería "está actuando perfectamente de boa fe e con bo goberno". Ademais, restoulle peso á posibilidade de que a sentenza do TSXG reavive a reclamación de indemnizacións por parte das compañías beneficiadas no concurso anulado pola actual Xunta, indicando que así quedou recollido na lei actual. O texto establece que as indemnizacións se "referirán exclusivamente ós gastos debidamente xustificados que resultasen imprescindibles na instrumentación da solicitude sempre e cando tales documentos non sexan utilizados nas novas convocatorias". Ata a data, apuntou Guera, só 9 de 178 participantes optaron por esta vía, "e terán que demostrar o custo de presentación dos proxectos".

A EXPERTA

Regueiro: "É posible que haxa novas reclamacións"

A sentenza do TSXG, anali­za a autora da tese "Xénese e desenvolvemento do sector eó­lico en Galicia" (1995-2010), "tira por terra un a un" os argu­mentos utilizados por Enel e utilizados pola actual Xunta para substanciar a ilega­lidade do decreto de 2007. Por iso, "non sería de estrañar" que novas compañías que saíron benefi­ciadas no concurso anterior inicien recursos, aínda que cada unha, advirte, terá que sope­sar intereses.

AS REACCIÓNS

Feijóo: "Unha lei garante o texto"

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, defendeu onte a seguridade xurídica do concurso eólico impulsado polo seu Goberno, ó que unha lei aprobada polo Parlamento galego "dá garantías", e ratificou que este xa está "feito", de forma que as adxudicatarias teñen que "presentar e empezar a executar" os plans industriais. Ademais, manifestou que non hai "dúbida" da lexitimidade do novo concurso, que está "feito e concluído", de forma que as adxudicatarias deben xa "presentar e empezar a executar" os plans.

Romeu ve un freo doutros dez anos

O vicevoceiro parlamentario do PSdeG, José Luis Méndez Romeu, responsabilizou onte o presidente Feijóo de que Galicia "retrocedera" tres postos non ránking nacional de produción eólica ó percorrer o concurso do bipartito, agora declarado "plena e integramente legal". Así, Romeu lamentou que Galicia "non vai ter ningunha nova instalación en funcionamento ó longo dunha década", polos recursos das adxudicatarias.

O BNG ve a perda de 3.000 postos

Ademais de pedir a dimisión do conselleiro, o voceiro de Industria do Grupo Parlamentario do BNG, Henrique Viéitez, pediu a "comparecencia urxente e sen ningún tipo de escusa" do presidente da Xunta, porque "foi e segue sendo o máximo responsable". Así, reclama que explique cal é situación actual e "as razóns reais" para suspender o anterior concurso eólico que supuxo a "destrución" de máis de 3.000" postos de traballo.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS