Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 21.20

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

Novacaixagalicia prepara unha exposición en homenaxe a Isaac Díaz Pardo na Coruña

07.02.2012 

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

SANTIAGO. EP

Novagalicia Banco e Novacaixagalicia inaugurarán o próximo 23 de febreiro en A Coruña unha exposición en homenaxe ao intelectual gallegista Isaac Díaz Pardo, falecido o pasado mes de xaneiro.

Segundo explicou a entidade, a mostra formúlase como "unha homenaxe a un dos grandes nomes da historia contemporánea" de Galicia a partir da súa "excepcional obra pictórica, tan descoñecida, como determinante na súa evolución artística posterior".

Con formación clásica e empapado nunha intensa tradición artística familiar, Díaz Pardo chegou a expoñer en diferentes galerías galegas, así como en Barcelona e en Madrid, e durante un tempo foi profesor auxiliar na Escola de Belas Artes de San Jordi.

Na exposición, que conta coa colaboración do seu fillo Xosé Díaz, e que terá lugar na sede coruñesa da Fundación Novacaixagalicia, incluiranse un total de 36 obras entre óleos, bosquexos e debuxos, que poderán ser visitados ata o 20 de maio.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS