Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 21.20

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

Novagalicia Banco prescindirá de 750 empregados e pechará 150 oficinas fóra de Galicia

07.02.2012  Os sindicatos rexeitan as medidas e as plataformas maioritarias convocan protestas

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

SANTIAGO. EP

Novagalicia situou este martes o excedente de persoal en 750 traballadores e elevou a 150 o número de oficinas que pechará na rede de NGBanco, é dicir, fóra de Galicia, Asturias e León, segundo trasladaron os responsables de relacións laborais aos sindicatos.

Na reunión, celebrada en Santiago, os responsables da entidade financeira, que a semana pasada calcularan o excedente nunha galla de entre 600 e 750 empregados, apuntaron que consideran necesarios máis peches de sucursais. Así, as 150 que queren clausurar suporán a baixa de 450 persoas, ás que se suman, polo menos, outras 250 en servizos centrais --están en A Coruña, en Vigo e en Madrid--.

A intención do banco é que as baixas se realicen mediante medidas forzosas --está aberto actualmente un expediente de regulación de emprego (ERE) voluntario--. A proposta pasa por pechar ese ERE ao termo do mes de marzo e presentar un forzoso, no que as indemnizacións serán de 33 días por ano traballado cun tope de 24 mensualidades.

Así mesmo, formulan unha rebaixa salarial de entre o 4% e o 10% aos traballadores con retribucións superiores aos 25.000 euros, eliminar o fondo de pensións que teñen os traballadores máis antigos e eliminar a antigüidade nas pagas extra.

A CIG indicou que os responsables da entidade aseguraron que estas medidas se tomarán aínda que non haxa acordo sindical e atribuíron a determinación ao endurecemento dos requisitos de provisións derivados do real decreto aprobado polo Goberno central.

Os sindicatos manifestaron o seu rexeitamento ás propostas. "Son totalmente inasumibles; é o máis próximo a unha falta de respecto", resumiu José Ramón de Pliego-Valdés, de UGT.

Así, indicou que os representantes sindicais reclamaron a entidade que "reformule o que fai" e busque outras solucións. Así, censurou que os peches de oficinas previstos aumentaran dende a reunión mantida a pasada semana e censurou que a intención do banco é "podar, podar e podar". En calquera caso, reiterou que a súa organización está "aberta a negociar", pero con "documentación e datos".

CONCENTRACIÓNS

O representante de Csica, Juan Bodega, explicou que a reunión deste martes foi "unha primeira toma de contacto" e que, ante as medidas trasladadas pola dirección, os sindicatos tratarán de "buscar solucións" e ver "con qué medidas" responder.

Ademais, esta organización, xunto con CC.OO. e UGT enviará unha circular conxunta para informar o equipo das propostas feitas polo banco.

Novagalicia Banco e os sindicatos teñen previsto manter unha nova reunión o martes da próxima semana. Previamente, o luns 12, CC.OO., UGT e Csica prevén convocar unha protesta para manifestar o seu rexeitamento ás medidas e, dependendo de como se desenvolvan as conversacións, analizarán se organizan máis actos.

Pola súa banda, a CIG ten prevista unha reunión interna este mércores e prevé unha concentración coincidindo coa comparecencia do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no pleno do próximo día 15.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS