Hemeroteca web
|
RSS
Martes 21.05.2013
| Actualizado 17.42
Os sindicatos convocaron os empregados públicos e os cidadáns a manifestarse este luns, día 30 de xullo, nas principais cidades galegas para reivindicar o mantemento dos servizos públicos de calidade e defender os dereitos básicos dos traballadores.
En concreto, as organizacións convocantes son CIG, CC.OO., UGT, CSI-F, CESM, Omega, Satse, USAE, ANPE, STAJ, CEO, SUP, UFO, AUGC, UniónGC, CGT e USO, conforme indicaron nunha nota de prensa.
Todas elas asinaron un manifesto en defensa dos servizos públicos e do emprego público no que alertaron de "debilitación dos servizos públicos", motivadas polas "políticas privatizadoras, os recortes presupostarios e o ataque frontal aos servizos públicos".
"A crise está sendo utilizada polos Gobernos de Galicia e do Estado, desvergonzadamente, como escusa perfecta para quitar recursos dos servizos esenciais cando, xustamente, se debe apostar por reforzalos para garantir as necesarias coberturas sociais", denunciaron no texto.
Así mesmo, recordaron que os traballadores públicos "son os que prestan servizos públicos os que atenden nos hospitais, os que garanten a seguridade e os dereitos individuais e colectivos", polo que pediron á cidadanía sumarse a defender os seus dereitos que "están sendo arrastrados".
"CONTUNDENTE REXEITAMENTO"
"Debemos expresar noso contundente rexeitamento xa que, de non o facer, os gobernos se sentirán lexitimados para continuar exercendo o poder de costas aos dereitos como empregados públicos e como cidadáns", manifestaron.
En concreto, as mobilizacións terán como lema 'Non ao saqueo do pobo. Hai que impedir que nos arruínen' e celebraranse ás 19.30 horas en A Coruña; ás 20.00 horas en Santiago, Lugo e Ourense; e, por último ás 20.30 en Ferrol, Vigo e Pontevedra.
