Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 14.11.2019 Actualizado 14:45
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Nove de cada dez nenos conéctanse a internet en Galicia e case o 60% teñen móbil

A comunidade galega, por baixo da media no uso de tecnoloxías de información e comunicación

SANTIAGO. EP  | 16.10.2019 
A- A+

O 89,9% dos nenos de 10 a 15 anos que hai en Galicia usaron o computador nos últimos tres meses, o 96,2% entraron en internet e o 57% dispoñen de teléfono móbil. En España, de media, as porcentaxes son do 89,7%, 92,9% e 66%, respectivamente.

Con todo, Galicia está por baixo da media no uso do TIC nos fogares, segundo a 'Enquisa sobre equipamento e uso de tecnoloxías de información e comunicación nos fogares' correspondente a 2019 do Instituto Nacional de Estatística (INE).

Así, non alcanza a media estatal en persoas que utilizaron internet no tres últimos meses, en usuarios diarios de internet nin en persoas que compraron por internet no últimos tres meses.

Na comunidade galega, o 84% das persoas utilizaron internet no tres últimos meses fronte á media do 90,7% do conxunto do país, o que a sitúa como a autonomía con menor proporción de usuarios.

Ademais, o 67,1% dos galegos son usuarios diarios de internet, máis de 10 puntos por baixo da media (77,6%), e a porcentaxe máis baixa por comunidades.

Así mesmo, un 39,2% dos galegos compraron por internet no tres últimos meses, sete puntos menos que a media (46,9%), só por diante de Canarias (35,2%) e Murcia (38,4%).

EQUIPAMENTOS
Respecto dos equipamentos, o 73,3% das vivendas galegas ten algún tipo de computador, o 98,2% ten teléfono móbil e o 47% tablet.

Das 858.536 vivendas que dispoñen de acceso a internet e declaran as formas de conexión utilizadas, o 99,3% ten conexión de banda ancha, e delas, o 76,2% por ADSL, rede de cable ou fibra óptica, vía satélite, WiFi público ou WiMax.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS