Hemeroteca web | RSS  RSS     Sábado 22.07.2017 Actualizado 12:42
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

O novo calendario de vacinas para adultos marca unha para a pneumonía para os que cumpren 65 anos

A Xunta advertiu que non é necesario acudir a vacinarse os primeiros días "xa que se disporá de todo o ano para facelo"

SANTIAGO. EP  | 11.07.2017 
A- A+

A Xunta estableceu un novo calendario de vacinación para adultos no que se inclúe a vacina pnemocócica 'conxugada' para aquelas persoas que cumpran 65 anos --ata agora só era aconsellada para este colectivo--, ademais da que xa se oferta aos maiores desa idade e os grupos de risco.

Con esta ampliación na oferta de vacinas gratuítas preténdese complementar a vacinación que viña realizando sistematicamente desde o ano 2000 nos maiores de 65 anos, segundo sinalou a Xunta nun comunicado.

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, apuntou este martes, en rolda de prensa, que Galicia "é unha das primeiras comunidades autónomas en regular mediante calendario a vacinación da poboación adulta".

Doutra banda, a Xunta advertiu que non é necesario acudir a vacinarse os primeiros días "xa que se disporá de todo o ano para facelo". A cita pódese pedir nos centros de saúde co mecanismo habitual.

A iniciativa ten como obxectivo chegar ao 60 por cento da poboación maior de 65 anos, o que se traduce en case 20.000 persoas desa idade. A estimación da redución de casos de pneumonía prevese así en ata 2.600, nun prazo de cinco anos.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS