Hemeroteca web | RSS  RSS     Domingo 26.04.2020 Actualizado 00:00
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

LÁCTEO

Nueva Rumasa debe preto de 7,5 millóns a 520 gandeiros

A metade dos afectados son galegos e levan sen cobrar entre tres e cinco meses

E.P.   | 24.02.2011 
A- A+

Nueva Rumasa acumula unha débeda de 7,5 millóns de euros con 520 gandeiros de vacún, que levan sin cobrar entre tres e cinco meses, o que supón unha media de máis de 20.000 euros por explotación, segundo datos da organización agraria COAG. Preto da metade dos produtores afectados polo non pagamento de leite atópanse en Galicia e o resto repártense, principalmente, entre Castilla-La Mancha (bisbarra de Talavera de la Reina), Aragón, Castilla e León (Avila e Segovia) e Menorca. A eles súmanse ademais outros 200 produtores de caprino, que igualmente se viron afectados polo non pagamento de materia prima por parte de Nueva Rumasa, que compra uns 200 millóns de litros de leite ao ano, a través de Clesa, Cacaolat e Dhul, mediante intermediarios que son os que teñen que afrontar o pagamento aos gandeiros.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS