Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Martes 21.05.2013  | Actualizado 17.42

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

O 93% dos galegos cre que os medios de comunicación dan demasiadas noticias negativas

SANTIAGO. EP  | 15.08.2012 
A- A+

O 93 por cento dos galegos considera que prensa, radio e televisión están demasiado cargados de malas noticias e desexarían a inclusión de máis informacións positivas nos medios, segundo datos dun estudio desenvolvido polo diario 'Son Boas Noticias'.

Esta porcentaxe de galegos "desesperanzados" cos medios é moi próxima á media estatal, situada no 92,3 por cento. Así mesmo, a falta de noticias positivas no panorama mediático é a causa pola que o 56 por cento dos españois asegura preferir non se manter informado.

Segundo indicou o autor do estudio nun comunicado, as seccións que a poboación considera máis cheas de malas informacións son 'economía' e 'política', mentres que as máis positivas serían 'internacional' e 'deportes'.

En canto ao ranking por autonomías, as que presentan unha maior porcentaxe de poboación preocupada pola cantidade de informacións negativas son a Comunidade Valenciana (97% dos habitantes), Cataluña (96%), Andalucía (96%) e Castilla-La Mancha (95%).

En contraposición, Madrid e Navarra son as autonomías menos alarmadas a este respecto, cun 84 e un 85 por cento de cidadáns que quixesen ver máis boas noticias nos medios, respectivamente.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS