Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Luns 20.05.2013  | Actualizado 00.16

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Santiagoteespera.com
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

o 14 de xullo

O Novo Proxecto Común aspira a reunir 2.000 persoas na asemblea constituínte

Será unha organización asamblearia, nacionalista e co centro de gravidade na esquerda

SANTIAGO. EP  | 03.07.2012 
A- A+

A asemblea constituínte baixo a denominación de Novo Proxecto Común que conformará o próximo 14 de xullo unha nova forza nacionalista en Galicia aspira a reunir unhas 2.000 persoas no Pazo de Congresos de Santiago.

Estas asembleas nacionalistas de base, nas que participa activamente o Encontro Irmandiño que lidera Xosé Manuel Beiras, suman 50 postas en marcha por todo o país, entre locais ou comarcais, e formarán unha nova forza co centro de gravidade na esquerda.

Ten o carácter de formular a nivel galego unha organización "peculiar que parte da participación directa e inalienable" das persoas e da autonomía do ámbito territorial para as asembleas constituídas que convocan este acto político, é dicir, "asamblearismo de base e territorial".

Así, se constituirá nunha "organización asamblearia" de carácter "nacionalista" como "expresión política do galleguismo" e enmarcada na "tradición plural da esquerda e nas novas expresións desta".

Segundo recollen os seus principios inspiradores incluídos no documento de base, ao que se pode acceder a través da páxina www.asembleasnacionalistas.net, e recollido por Europa Press, os principios da futura organización recollen que "Galicia é unha nación; democracia participativa; modelo social en defensa dos intereses populares; autoorganización; antiimperialismo e paz mundial; feminismo; sostenibilidad ecolóxica e social; e igualitarismo".

Os documentos explican que se crea esta organización para "ser suxeitos dunha democracia viva, directa e participativa, actores comprometidos cos asuntos da res pública, traballadores en rede plural e diversa das organizacións e movementos que traballan por todo o mundo e unha sociedade máis xusta".

Recordan a "indignación cívica" nos diversos movementos xurdidos en 2011, en referencia ao 15-M, o cal "posibilitou a superación do estado de inacción anterior e puxo en marcha un novo tempo político".

"Por iso acreditamos na necesidade de crear e dotarnos dunha nova ferramenta política" que teña como parámetros fundamentais "o asamblearismo participativo, o pluralismo, a defensa da Terra e o traballo a favor dos intereses das maiorías sociais", sinala.

Por outro lado, no plano organizativo, o Novo Proxecto Común dótase dunha coordinadora nacional, como órgano colexiado con funcións de dirección política e permite a discrepancia pública dos acordos maioritarios.

PROPOSTAS PROGRAMÁTICAS

Ademais, nos documentos tamén se recollen propostas programáticas, entre as que se atopa a realización dunha auditoría da débeda pública e o compromiso de non achegar fondos públicos para viabilizar entidades bancarias.

Tamén reclama a reversión ao dominio público das concesións feitas ao sector privado en materia de infraestruturas, recursos, bens e servizos estratéxicos; control democrático da política monetaria; defensa de medios de comunicación "non sometidos aos poderes públicos"; ordenación territorial e urbanística; igualdade de xénero e salarial no ámbito público e privado; reforma tributaria ou promoción de políticas de equidade económica, fiscal e social para as formas de traballo autónomo e pequenas empresas.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS