Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Sábado 25.05.2013  | Actualizado 11.58

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

LUCERNA DA PORTELA

Onde está o sueste

XOSÉ MANUEL LOBATO MARTÍNEZ  | 19.04.2012 
A- A+

Un agasallo para os sentidos gozar do enclave da illa de Ons en todo o seu resplandor, diversas sensacións poden ser percibidas, mais no Burato do Inferno abraia tanto remuíño de misterios. Latexa no interior da furna unha ánima indómita e sosegada a un tempo, un contraste que confunde e crea dependencia, contradicións tan marcadas que non alteran a identidade secular do enclave.


Os sons do Inferno en Ons son un tratado de complexos encantamentos e arte mística, unha reliquia senlleira asentada sobre a mesma Lúa, que lle achega esa liberación do espazo temporal e, un réquiem fiel coa súa maxestosa orixe. Moi entendidos os nosos devanceiros da gran riqueza que atesouran estes fenómenos naturais, foron quen de responder cunha lingua agarimosa e de gran riqueza expresiva, en consonancia cos abraiantes estímulos que se perciben dende a furna infernal.


Porén o irrecoñecible mariño prófugo, home avarento, conquistador doutras terras e traidor nas súas, afortunado colonizador adquiriu suposta destreza en varias linguas renunciando á propia. Mais tanto éxito adquirido en vida deulle certos privilexios despois da morte, xa que logo, a caterva dos anxos desertores levárono ante a presenza do xefe máximo dos papaleisóns, o emblemático Lucifer.


Fascinante diaño anxelical amosou indulxencia co coitado e só lle encomendou a doada angueira de bruar, laiar, xemer,... en todas as linguas coñecidas menos na súa propia, a loita tiña que ser constante dende o Burato do Inferno ata que o galego desaparecera, entón o desertor abandonaría Ons para asentar á dereita de Lucifer como recompensa dunha ardua labor, que neste intre xa é centenaria e persiste con máxima intensidade.


Por iso, en Galicia o léxico relacionado co mundo do mar atorda a uns poucos e sorprende a moitos, na actualidade é un inmenso baúl de gran riqueza nun estadio de latente repouso emitindo esporádicos efluvios, mais ese tesouro mergullado nas profundidades oceánicas debe ser extraído e estudado por senso común e razóns obvias.


Os galegos e galegas non debemos deixar ao capricho dos roncóns do Burato o léxico do noso litoral, tan expresivo, diverso e dunha salgadura extraordinaria. A prioridade é protexer todo este legado, pois nunha gran maioría permanece vivo no vocabulario dos nosos maiores.


Creba e mallante insistencia do informante non placebo, xúbilo de mar despois dunha aprendizaxe nos modelos das xeracións pretéritas, o seu acento non deixa dúbidas, posúe o profundo arrecendo dos abrentes mergullados no argazo e o agradecemento dun quiñón escaso no intenso lusco fusco. Orgulloso do seu patrimonio oral, transmite con satisfacción a súa fala de sempre, unha lingua coa que se identifica e sente realizado.


Por certo, do cambón xa non quedan restos, só recordos. Porén, o sueste está inmortalizado nunha escultura que honra esa nobre profesión de mariñeiro, a súa cabeza orientada sempre estaba resgardada polo correspondente sueste.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS