Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Sábado 25.05.2013  | Actualizado 03.09

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Oubiña négase a declarar na Audiencia Nacional

Di que leva "25 anos repetindo o mesmo" // O seu primo ratifica que branquexou diñeiro do narco ante os reproches do avogado deste, que o acusa de pactar co fiscal

MADRID/SANTIAGO. EP  | 03.07.2012 
A- A+

O narco galego Laureano Oubiña negouse este luns a prestar declaración no xuízo celebrado no seu contra na Audiencia Nacional. Oubiña, que non contestou ás preguntas do fiscal antidroga Luis Ibañez nin da súa defensa, asegurou: "Levo 25 anos repetindo o mesmo nesta casa".

O narcotraficante, que se enfronta a unha petición de 8 anos de prisión só 15 días antes de que se cumpra a súa actual condena tras a última liquidación efectuada polo Tribunal Supremo e abandone, polo tanto, o cárcere, indicou que xa foi interrogado sobre os feitos que se lle imputan, no ano 2005 ante o xuíz instrutor Fernando Grande-Marlaska. Oubiña especificou que tras esta testificial cambiaron o fiscal encargado do caso e agregou: "estou canso desta casa".

Oubiña senta este luns de novo no banco polo branqueo de máis de 4,5 millóns de euros. Tamén están acusados nesta causa o primo do narco, José Piñeiro, o construtor Amancio Costa e a súa compañeira sentimental, a italiana Tiziana Cardarelli, que se enfrontan a unha petición de cinco anos de cárcere. O Ministerio Público solicita, ademais, para cada un deles unha multa de 13 millóns de euros.

Na mesma liña marcada por Oubiña, Cardarelli tampouco quixo contestar a ningunha pregunta e remitiuse á declaración ante Grande-Marlaska. "Non vin a España para traballar, xa levaba 17 anos traballando en Italia, aquí só conseguín dúas cousas, perder o diñeiro e a liberdade", limitouse a sinalar.

PIÑEIRO CONFÍRMAO TODO

Así, o único en responder foi o primo de Oubiña, José Piñeiro, considerado como "depositario do diñeiro" que despois se branquexaba, e que se limitou a confirmar ao fiscal Ibañez que ratifica os feitos expostos no escrito de acusación.

Esta confirmación valeulle o acendido reproche do avogado do narco, Joaquín Ruiz Giménez, que reprochou a Piñeiro "chegar a un acordo" coa Fiscalía. A súa alegación foi interrompida pola presidenta do tribunal, Teresa Palacios. O primo de Oubiña confirmou, ademais, á súa defensa que onte mesmo revisou no seu despacho o escrito do Ministerio Público que avalou na vista.

O tribunal decidiu na primeira sesión do xuízo apartar da vista oral ao último dos acusados, o construtor Amancio Costa, á vista do cadro depresivo que sofre que lle provoca dificultades para comunicarse, axitación psicomotriz, ansiedade e subas de tensión.

Despois de ser sometido a unha revisión por parte de forenses da Audiencia Nacional, o construtor abandonou a Audiencia Nacional polo que será xulgado por estes feitos por separado, unha vez o seu estado de saúde permítao.

O xuízo non arrancou ata primeira hora da tarde deste luns debido ás abundantes e extensas cuestións previas formuladas polos avogados defensores e rexeitadas na súa totalidade polo tribunal.

Esta decisión provocou unha nova protesta do avogado Ruiz Giménez, que recriminou á Sala a súa decisión de dar continuidade ao xuízo e fixo referencia á próxima posta en liberdade da súa clienta, ameazada en caso de que sexa condenado de novo por esta causa.  "Non saben vostedes o que é estar un día no cárcere, a 15 días da liberdade, e enriba nuns calabozos do Terceiro Mundo", indicou, en referencia ás celas habilitadas para os presos na Audiencia Nacional.
"MEDO, NINGÚN"

Ademais, reprochou ao tribunal o señalamiento do xuízo "na última semana" antes de que Oubiña recupere a liberdade, prevista para o próximo día 17. "¿Por que meter este xuízo con calzador na súa última semana antes da liberdade?: non teñan medo, non vai escapar", dixo o avogado. Ante esta alegación, a xuíz Pazos espetou ao avogado: "Medo, ningún, este é un tema de axenda e calendario".

Segundo explica a Fiscalía antidroga no seu escrito de acusación, Piñeiro, primo de Oubiña actuou neste caso como "depositario do diñeiro" do 'narco', que entregaba a Costa e a Cardarelli, co obxecto de que o introducisen no circuíto legal.

Así, o construtor e a amante do narco "colaboraron na transformación" do diñeiro. Costa realizou entre os anos 1997 e 2001 investimentos por valor de máis de tres millóns de euros e Cardarelli ocupouse deste labor a partir de 2002. "Oubiña, dende prisión, organiza as accións", di antidroga.

O Ministerio Público defende que Cardarelli, pola súa relación sentimental con Oubiña, vai afianzándose como persoa da súa máxima confianza e xestiona o diñeiro ilegal que provén do narco.

Para conseguir este obxectivo constitúe a sociedade Cardamode co diñeiro da súa parella, coa fachada dunha "ruinosa boutique" en Santiago de Compostela. Adquire varios inmobles e exerce unha considerable actividade cambista con divisa, fundamentalmente dólares americanos.

HOME DE PALLA

Pola súa banda, Costa actúa como construtor nas obras de varias propiedades de Oubiña, e asume o labor de home de palla do narco, poñendo varias das súas propiedades ao seu nome ou ao das súas sociedades.

Piñeiro é a persoa que manexa, en boa medida, o diñeiro do seu primo cando este se atopa en prisión. "Pero non como administrador do seu parente senón con plena conciencia de que os activos de Oubiña necesitan desa xestión", di a Fiscalía que apunta ao narcotraficante como "o organizador de todos".

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS