Hemeroteca web | RSS  RSS     Martes 12.11.2019 Actualizado 23:42
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

ata fin de ano

O Outono Fotográfico levará 87 exposicións a 22 localidades galegas e portuguesas

OURENSE. EP  | 20.10.2015 
A- A+

Un total de 87 exposicións percorren dende principios do mes de outubro 61 espazos expositivos de 22 localidades galegas e portuguesas dentro da XXXIII edición de Outono Fotográfico, que manterá as súas actividades ata final de ano.

O proxecto, que foi presentado este martes, conta cun presuposto de 27.000 euros, dos que o Concello de Ourense achega 15.500 -que permiten tamén a organización das Xornadas de Banda Deseñada e o Certame Benito Losada-, mentres que a Deputación ourensana achega 5.100 e o resto corren a cargo da Universidade de Vigo e do Concello de Santiago.

Braga, Chaves e Avintes son as localidades portuguesas polas que este ano pasarán as exposicións do Outono Fotográfico, que tamén chegarán a Lugo, Monforte de Lemos e Pantón, así como a Vigo, Oleiros e Santiago de Compostela, segundo destacaron os organizadores.

O Outono Fotográfico mantén este ano, en canto á súa organización, o esquema de edicións anteriores, baseado, sobre todo, nun compendio de exposicións fotográficas de distintas tendencias, accións formativas, talleres, cursos e rutas, que tamén se prolongarán ata finais do próximo mes de decembro.

As actividades complétanse co Campus de Outono, no que terán lugar dende debates a visitas guiadas, pasando por charlas e un encontro co fotógrafo colaborador de Médicos sen Fronteiras Juan Carlos Tomasi, que estará en Ourense o 4 de decembro.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS