Hemeroteca web
|
RSS
Martes 22.05.2012
| Actualizado 01.00
Galiza é moito máis que calquer ideoloxía ou dirixentes políticos que afirmen querer representala. O nacionalismo galego é unha delas, e a diferenza das demais, caracterízase por ter como cerne principal a reivindicación nacional galega, a identidade do seu pobo e a defensa e desenvolvemento da lingua e cultura propias. A iso habería que engadirlle o progreso e a mellora das condicións de vida da súa poboación, a xustiza social e a potenciación dunha economia propia. Aínda que o último tamén pode ser reclamado por outros credos políticos. E tamén cabe a posibilidade de que haxa persoas que con distintos graos de galeguismo, embora, non se queiran considerar nacionalistas.
Nin sequera o nacionalismo galego se pode reducir ao dos últimos anos. Nin todo o nacionalismo do presente, ao que practica o BNG, ainda que algúns dos seus dirixentes, confusos e pouco humildes, vexan como imprescindíbeis a súa organización e a eles mesmos. Como se non tivesen suficientes erros estratéxicos e a súa xestión nas institucións non producise máis desencanto que outra cousa. Quereren apropiarse da ideoloxía democrática e necesaria do soberanismo galego, entendido no BNG con diversidade de graos, para patrimonizalo e muxilo en beneficio persoal ou de grupo fai que agora, cunha esquerda social cada vez máis crítica, os discursos nos medios soen a vacuos, e canto máis furiosos sexan, a máis falsos e ridículos. A mistíca orixinal da nación irredenta dos prolegómenos do galeguismo perdeuse irremediabelmente nas intrigas fratricidas internas e no politiqueo mediático barato contra as outras forzas políticas parlamentarias. E os obxectivos reducíronse coa “apertura á sociedade” a un curtopracismo crónico xa en fase orgánica de metástase.
Nunca compararon o que lle deu Galiza co pouco que esta recibiu, Como se as organizacións políticas non tivesen que ser por esencia funcionais, prestando un servizo eficaz a toda a sociedade. Porén, acostuman entender que é ela a que ten que comprender e votar a favor dos intereses deses grupiños variados con curtos horizontes na práctica que constitúen a frente nacionalista, conformados de xeito previo á súa necesidade. O curioso é que, aínda que a crise actual radicalizase as esixencias da sociedade, as dinámicas orgánicas egoístas fan que non se lles desen, como sería o acaído nestes tempos, respostas oportunas e contudentes. Son os mesmos males que padece toda a senil esquerda política e sindical tradicional, na que as burocracias e cargos institucionais, muitas veces incompetentes e mesmo ruíns, deciden con criterios corporativos e endogámicos axenda e formas.
A enésima crise do BNG por mor dun importante descenso en votos. Un feito nada novidoso e cuase seguro sen solucións inéditas. Ao final, o de sempre, negociacións entre grupos desa amalgama incoherente de esquerda, centro e dereita que o compoñen para o reparto. Como se o problema fose a porcentaxe de poder interno que lles toca e non a falta de credibilidade do BNG e a cada vez menor funcionalidade que lle ven os sectores populares galegos, os máis afectados pola crise, e que reclaman a defensa intransixente do Estado de benestar. O 15-M, incomprendido nos seus obxectivos e formas polo bipartito estatal, tamén o seguirá sendo pola forza política de maior relevo do nacionalismo galego?
Manuel Miragaia Doldán

Logo do Día ( e para o que nos veña…). Por David Otero
Tregua na ofensiva central contra as autonomías. Por Xosé A. Gaciño
Unha de xigantes, pinochos e safaris. Por Alba López Sánchez
Letras Galegas: Valentín Paz Andrade. Por Manuel Dourado Deira
Réquiem polo xornal de Galicia (E EPÍLOGO ESPERANZADO) Por Jorge M. de la Calle
TERRA... Por Xosé M. Lobato Martínez
A maldición da eternidade. Por Antonio Gutiérrez
Fiz Vergara Vilariño merece o Día das Letras Galegas. Por Xosé Lois García
Clamor estudantil contra os recortes. Por Xabier Pérez Igrexas
Fala alén do verbal. Por Isidro Novo
As memorias dun neno da aldea. Por Pablo Vaamonde
As xeografías do mar e dos seus fillos. Por Xavier Castro Rodríguez
Non a esta Europa. Por Xosé M. Rivas Troitiño
Non hai volta ao pasado. Por Manuel Mera
Haberá un boom enolóxico? Por Joaquim Ventura
A viaxe do elefante. Por Diana Varela Puñal
Novo Terras de Santiago, ¿e nova política lingüística? Por M. de Bran
Natura e realeza. Por Francisco B. González Tenreiro
Conde Roa e Núñez Feijoo. Por Elías Pérez Sánchez
Querida primavera… Por Ruth Fernández
Metáfora e praxe (I). Por Manuel Vidal Villaverde
Bicentenario da Constitución de Cádiz: actitudes opostas de dous cregos da Costa da Morte en 1812. Por Xosé María Lema Suárez
Política lingüística (2). Por Xosé Ramón López Boullón
Órdago nacionalista. Por Abel Veiga Copo
Apostatar, ¿dereito ou penitencia? Por Ángel Amaro Quintas
Outra crise no BNG. Por Manuel Miragaia Doldán